Rematada a posta a punto da Fonte Luminosa

Ponte Caldelas A Nova Peneira

Nestas últimas semanas fixéronse diversas labores de mantemento na infraestrutura para que siga sendo a mellor de Galicia

Ponte Caldelas, 13 de decembro de 2019

A Fonte da Praza de España foi sometida na última semana a unha posta a punto en profundidade, realizando todas as labores de mantemento establecidas. Os traballos consistiron no vaciado da fonte, limpeza en profundidade con aspirado de lodos e follas e o posterior recheado con auga á que se lle incorporaron os correspondentes produtos de limpeza e desinfección que contempla a normativa de Sanidade para as fontes ornamentais, cumprindo así con todos os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención da lexionelosis nunha instalación destas características, que está catalogada como “instalación de menor probabilidad de proliferación y dispersión de Legionella”.A Fonte Luminosa da Praza de España sométese a revisións nos tempos estipulados na normativa, que van dende controis mensuais ata cuestións de mantemento anual. Nos últimos días fíxose tamén a limpeza con máquina hidrolimpiadora de todo o formigón que forma a fonte, a retira e revisión de todos os focos para comprobar o seu estado ou a revisión das bombas, entre outras tarefas. Ponte Caldelas ten a mellor fonte ornamental de Galicia e a máis coidada, e o alcalde, Andrés Díaz, quere que siga sendo así, por iso o seu empeño en sometela aos controis necesarios para que conte con todas as garantías hixiénico-sanitarias e que a veciñanza poida seguir gozando da fonte no seu máximo esplendor.