
A
cita, que cumpre cinco anos, foi promovida polo goberno de Paco
Ferreira no seu anterior mandato e consolidouse no tempo como unha
xuntanza ineludible para o mundo do deporte. O concello
de Gondomar publicou as bases reguladoras dos premios da V Gala do
Deporte coa que, por quinto ano consecutivo, búscase recoñecer “a
entrega e dedicación de persoas, clubs ou institucións de Gondomar
no mundo do deporte, que coa súa actividade, ademais de transmitir
valores inherentes e necesarios para todos, en moitísimos casos
están a levar o nome de Gondomar todo o máis alto e todos os
recunchos do mundo”.
Así o manifesta o rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, promotor xunto
á concelleira de Deporte, Nuria Lameiro, desta gala que naceu
auspiciada polo seu goberno no seu primeiro mandato e que “xa
se converteu nunha cita ineludible para nós como para todos os
veciños e veciñas do noso municipio”.
O prazo para presentar as diferentes candidaturas finaliza o próximo
29 de febreiro e poderán concorrer a calquera das nove categorías
recollidas nas bases: premio ao mellor deportista masculino; premio á
mellor deportista feminina; premio ao mellor deportista revelación
masculino e á mellor deportista revelación feminina; premio ao
mellor club ou entidade deportiva; premio ao patrocinio e
colaboración co deporte; premio á traxectoria deportiva; premio ao
mellor evento do ano; e, premio aos valores humanos. Calquera club,
cidadán, institución ou asociación poderá propoñer un máximo de
tres candidatos/ as
para que sexa recoñecida o seu labor nalgunha das citadas
categorías, sempre que cumpran coas condicións establecidas nas
bases e “reúnan os méritos ou requisitos suficientes para
concorrer ao premio”, aos que tamén o xurado ten a posibilidade de
presentar candidaturas.
Concello
de Gondomar O alcalde, Paco Ferreira, presidirá e designará o
xurado encargado de seleccionar os gañadores/ as
nas distintas categorías, que se determinarán o 05 de marzo de
2020. A entrega dos galardóns terá lugar o 04 de abril, no
Pabelllón
Municipal Bernabé
Costas de Miranda. Gondomar 20 de xaneiro de 2020