Como de todos xa é sabido en Redondela este ano por motivos obvios adíase a celebración dos actos culturais previstos con motivo da 25 edición, pero os organizadores non ían quedar quietos e lanzan dúas versións no confinamento, Arte-Lixo confinado e Arte -Lixo-concienciado e Parna-Lixo confinado; na primeira modalidade anímase a enviar unha fotografía das obras ao correo da organización artelixo@gmail.com , sempre con material de refugallo. A segunda e unha composición escrita, na que se invita a reflexionar entre outras cousas sobre do confinamento, todas as obras recibidas serán postas ao publico en xeral tanto na páxina de Arte-lixo, Facebook, Instagram para que se poidan desfrutar dende a casa na mentres o tempo, a crise, as autoridades consideren oportuno serán expostas pola vila. Asemade Arte-Lixo non se esquece dos mais cativos e propón un gran mural, no que cada cativo nun folio faga a súa composición cromática para logo unir todas nun gran mural a expoñer a volta do Arte-Lixo deste ano.
Por outra banda o colectivo de artistas e activistas culturais “Sinha Paca” organiza xunto a Concellería de Cultura do Concello unha certame de maios virtual, ante a suspensión dunha festa tan importante a nivel local como é a que se celebra o un de maio, convocan os “Maios Confinados” coa idea de que a veciñanza participe neste acto tradicional dende as súas casas evidentemente coas medidas sanitarias correspondentes facendo ( miniaturas, maquetas ou literalmente (o que se poida) así como tamén coplas (mínimo de seis) para subires as redes sociais do colectivo Sinha Paca e do concello de Redondela. Esta convocatoria está aberta a todos colectivos sociais, familias e a tido persoal, e por suposto haberá apartado de coplas. os interesados poden enviar as fotografías, e coplas (inclusive un vídeo interpretando as coplas, optativo) a cultura@redondela.gal indicando nome do maio, fotografía do maio, coplas en pdf ou doc, e o vídeo (opcional), xuntando nun de teléfono, correo electrónico pois haberá premios para os mellores maios, coplas e interpretación; como non podía ser doutro xeito os premios serán en prol da cultura, lotes de libros i entradas para os diferentes actos culturais da vila.
Como sempre en Redondela a cultura da man do pobo e para o pobo, segundo as organizacións están a ter estas iniciativas unha acollida espectacular, de feito teñen que triplicar as publicacións das obras , pola banda da Nova Peneira en exclusiva nacional galega a composición que abre o Parna-Lixo deste ano, parida por un dos nosos grandes, un dos pais da nosa cultura e un home que leva Redondela por onde vai, Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”.