O coronavirus no mundo VII: a República de Irlanda

Joshua Coronavirus no mundo Irlanda A Nova Peneira

Imos coñecer como está a situación na República de Irlanda e para elo falamos con Joshua, un mozo de 24 anos, nativo de Pontevedra que leva uns meses combinando o estudo e o traballo en Cork, a segunda cidade máis importante dese país que tantas cousas ten en común con Galicia.

JOSHUA JUAREZ

“ A situación en Irlanda está bastante mellor ca en España”

Cóntanos a túa historia, que o que che levou a vivir en Irlanda?

Eu nacín en Arxentina hai 24 anos, pero aos 10 anos xa vin vivír a Galicia, e desde aquela resido en Pontevedra. Hai cousa de tres meses cheguei a Irlanda, en principio para facer un Erasmus.

Que estudas?

Comercio internacional.

En que cidade vives?

En Cork, no sur do país.

Creo que é unha das máis importantes do país non?

Si, eu penso que é a segunda máis importante. Ten arredor de 160.000 habitantes, que recibe moitísimos emigrantes, e caracterízase porque hai moita xente nova, e unha grande cantidade de oportunidades para atopar un posto de traballo de calidade, e toda esa suma de razóns foi a que me levou a escoller esta cidade.

Tes intención de estar todo o ano 2020 en Cork?

Si, eu xa vin coa idea de formarme nun Erasmus e traballar nunha empresa nesta cidade, pero cuxa sede está en Vigo, e ao mes e medio decidiron contratarme agora xa estou traballando.

A que te dedicas?

Traballo nunha compañía de marisco.

E cales son as túas expectativas vitais inmediatas, pretendes volver as Galicia?

No futuro gustaríame montar a miña propia empresa, quero montar unha consultoría e, cando poida, volver traballar en Galicia.

Cal é a situación sanitaria de Irlanda?

Eu creo que aquí se leva bastante mellor ca en España. A data de hoxe, 18 de abril, temos arredor de 12.000 persoas infectadas, e sobre 400 persoas falecidas. En canto ás medidas de restrición de mobilidade, aquí son menos estritas, de feito pódese facer deporte ata unha hora ao día.

Concrétanos un pouco máis como son as medidas de control de mobilidade que implantou o goberno da República?

Pois podes saír ata dous kmts de distancia do teu domicilio, a maioría da actividade económica esta, iso si como España, suspendida. Todo o sector de ocio está pechado. E son os traballos esenciais os que se seguen desenvolvendo, dentro das circunstancias posibles, con normalidade. Aquí tamén teñen unha gran relevancia as universidades e centros de investigación, que nestes momentos están pechados e facendo tele traballo.

E grande cantidade de moi importantes empresas tecnolóxicas tamén teñen o seu domicilio en Irlanda?

Si, aquí están apple e google e moitas grandes empresas como compañías aéreas que teñen a sede neste país atraídas pola súa política fiscal.

Vós estaredes abertos?

Non estamos pechados desde o 30 de marzo, porque aínda que nos dedicamos á alimentación, nós levamos camaróns, que vendemos para restaurantes que nestes momentos están esencialmente pechados.

A actividade deportiva e todo tipo de eventos que impliquen concentración de persoas, entendo que estará suspendida, non?

Si, todo acto que implique xuntar a colectivos humanos está suspendido, de feito aquí perdemos o San Patricio que é o día de celebración por excelencia de todo o país.

E as fronteiras como están?

As entradas e saídas do país están tamén moi restrinxidas.

Se ti quixeras volver a Galicia poderías?

Non creo que o tivese fácil pero, poder si que podería, pois se consideraría unha repatriación, pero se quixese saír de vacacións ou por traballo a calquera outro país non mo permitirían.

A república de Irlanda fai fronteira con Irlanda do Norte, que forma parte do Reino Unido. Observas diferencias nas políticas de ambas Irlandas?

Si, eu creo que en Irlanda se abordou o problema con máis rigor ca no Reino Unido, de feito a maior parte de contaxiados da República de Irlanda están no norte do país.