O deputado nacionalista subliña que o territorio transfronteirizo estáa sufrir un dobre impacto económico xerado polo peche de fronteiras e a COVID-19
Insta a realizar un estudo e a promover fondos suficientes para paliar os danos económicos e activar políticas de apoio
Madrid, 6 de maio de 2020
O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, vén de solicitar ao Goberno a apertura inmediata dos pasos fronteirizos das Eurocidades do Miño para permitir a circulación de traballadores e traballadoras que deben desprazarse ao seu posto de traballo no estado veciño. Así mesmo, Rego solicita un estudo dos danos económicos, a inxección de fondos suficientes e a activación de políticas de apoio á zona transfronteiriza xa que durante todo o estado de alarma estáa sufrir un “dobre impacto económico, tanto polo peche de fronteiras como pola COVID-19”.
Rego presentou xa a pasada semana unha proposición non de lei na que destaca que a cooperación transfronteiriza a ambos lados da fronteira éunha das máis consolidadas e con máis tradición en España e Europa. Destaca que o territorio transfronteirizo do Miñoé aárea máis dinámica economicamente da Unión, tanto por estar no medio do eixo Vigo-Porto como por compartir relacións comerciais, industriais, culturais e lingüísticas. De feito, a fronteira de 70 quilómetros con Portugal en Pontevedra éa que asume o 49% de todos os tránsitos entre os dous estados.
Sen embargo, lembra o deputado, a pesares desta situación, cando se decretou o peche de fronteiras para conter a COVID-19 non se tivo en conta o funcionamento e xestión compartida das Eurocidades, e o confinamento supuxo un duro golpe para as súas economías, motivo polo que agora que se entra na fase de desescalada épreciso apostar por abrir os pasos fronteirizos e permitir a intercomunicación.
Nestes momentos, só estáaberto unha das seis pontes que cruzan o río Miño o que, nalgúns casos, provoca rodeos de traballadores e traballadoras dunha e doutra marxe que chegan ata os 100 quilómetros, o que fai inasumible economicamente o custe do desprazamento en relación ao salario percibido. Así, tendo en conta as medidas de control precisas, solicítase que non só estea aberto o paso de Tui-Valença, senón que se abran outros.
Tamén se solicita, entre outras medidas, a elaboración dun estudo de impacto, que se destinen todos os fondos necesarios para paliar o dano do peche da fronteira e da COVID no territorio, así como a adopción de políticas de reactivación económica. Fai fincapé, así mesmo, na necesaria coordinación entre os gobernos portugués e español para a desescala e na armonización de medidas e activiades permitidas a ambos lados da fronteira.
Por último, o deputado nacionalista Néstor Rego subliña a importancia de que o Goberno se dirixa e dialogue coa Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza do Miño (AECT Rio Minho) como axente institucional e xurídico polo seu coñecemento do terreo, como mellor instrumento para a proposición de medidas conxuntas.