Ponteareas, 15 de maio de 2020
A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, informa sobre a reapertura do Punto Limpo local situado na Ctra. Guláns, s/n Km. 1,5. Informa ademais das vantaxes que ten a utilización destas instalacións, xa que nos permite depositar nun lugar seguro diferentes tipos de residuos, como restos de poda, residuos tóxicos e voluminosos, escombros, enseres, etc.
Atendendo á situación de emerxencia que estamos a vivir, a reapertura do punto limpo farase respectando todas as condicións de hixiene e seguridade necesarias fronte ao COVID-19.
Así:
-O punto limpo abrirá na quenda da mañá de luns a venres de 8:30 a 13:45 e sábados de 10:00 a 13:00.
-O portal de acceso ao punto limpo estará regulado de xeito que o operario do punto limpo regule as entradas e saídas dos usuarios para garantir o aforo nas instalacións.
-O aforo máximo será de 2 usuarios e nunca poderán coincidir descargando residuos nun meso punto, cada usuario poderá levar un acompañante.
-É obrigatorio unha distancia social mínima de 2 metros.
-Recoméndase o uso de luvas e máscara. Dispoñerase de xel hidroalcohólico a disposición dos usuarios.
-En todo momento os usuarios seguirán as indicacións do operario do punto limpo.
-Haberá un cartel indicativo con estas normas ó pe da zona de espera (zona de acceso) ó punto limpo para que os usuarios poidan ir lendo estas normas.
Ademais, Rosa Covelo pide a colaboración cidadá no coidado do noso concello, depositando cada residuo no colector que lle corresponde.