Un verán inusual, unha explosión cultural

Concello de Ponte Caldelas A Nova Peneira

O Concello de Ponte Caldelas está a pechar unha extensa programación cultural para os meses de xullo e agosto‣  Trátase de pequenos eventos que dinamizarán o municipio lonxe dos eventos multitudinarios

Ponte Caldelas, 27 de maio de 2020

O Concello de Ponte Caldelas está a pechar unha extensa programación cultural para os meses de xullo e agosto. Lonxe dos eventos multitudinarios que non se van poder celebrar este ano, como a Festa Gastronómica da Emigración, o Xanta Caldelas ou as verbenas, o Concello vai poñer en marcha pequenos eventos que dinamicen o municipio e o fagan atractivo para veciños e visitantes de xeito seguro. Desta maneira, haberá pequenos concertos de moitos estilos musicais, actuacións de bandas de música, teatro, cine, monólogos, animación, espectáculos de música acuática…. para todas idades e todos os gustos. Serán na Praza de España e a Alameda, onde haberá unha iluminación especial durante todo o verán, e que formarán unha gran terraza onde se poderá manter o distanciamento social ao tempo que se disfruta de diversas opcións culturais. Ponte Caldelas sigue traballando para seguir sendo un referente a nivel cultural e de dinamización.