
CARMEN RODRÍGUEZ
Delegada de riscos laborais de ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT
A problemática no período estival polas altas temperaturas no interior do edificio xudicial de Cangas xa ven de longo. Malia existir un circuito de aire acondicionado para paliar as altas temperaturas que se acadan no interior do edificio xudicial, cuxa fachada está cuberta con pizarra, que ainda aumenta máis a temperatura pola calor que conserva. A primeira hora da mañá, xa resulta difícil aturar a calor nas oficinas xudiciais.
Resulta incomprensible que, nun edificio dotado de sistema interior de aireación (aire acondicionado), @s traballador@s non poidan facer uso del por mor dun motor que, arranxado unha e outra vez, ao día seguinte de ser “arranxado” polo servizo de mantimento xa non funciona.
Por parte de ALTERNATIVAS NA XUSTIZA – CUT esiximos, e seguiremos a facelo, que por parte da DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA se autorice o cambio do motor con carácter de urxencia(descoñecemos se hai máis eivas que impidan o correcto funcionamento do sistema de aire acondicionado) e seguiremos reclamando ata que se solvente esta incidencia.
En caso contrario, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT denunciará ante INSPECCIÓN DE TRABALLO as condicións nas que teñen que traballar @s funcionari@s no edificio xudicial de CANGAS por mor das altas temperaturas.