Como sabedes, desde o CCA Estrela de Marín chegamos a un acordo de colaboración coa Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo), que conleva a posta en marcha de diversos proxectos que pretenden facilitar o día a día do comercio de proximidade e acadar vantaxes competitivas.
Trala posta en marcha a nivel conxunto do Morrazo, da campaña de Nadal, que resultou un éxito, é agora a quenda dunha ferramenta que pretende acompañar ás empresas asociadas, no mundo dixital no que a fidelización da clientela ten que ser un obxectivo prioritario do tecido empresarial do Morrazo.
Ademáis as novas restricións sanitarias, nas que se establecen entre outras medidas os peches perimetrais, son un argumento máis na estratexia de fidelizar á clientela, polo que os esforzos teñen que centrarse en manter aos clientes que nos coñecen e intentar captar aos clientes da vila que polos motivos que sexan, non realizan as súas compras no comercio de proximidade.
Por todo isto, decidimos apostar, no noso plan de dinamización do tecido comercial asociativo, por configurar ferramentas orientadas a mellorar o servizo que o pequeno comercio ofrece á clientela do Morrazo, xa que esta, como indicamos anteriormente, ten que ser a base dos nosos negocios.
Entre as accións plantexadas para a dinamización do tecido local e o uso das ferramentas dixitais, temos o pracer de anunciar a nosa incorporación á tarxeta de fidelización comercial deseñada por Fecimo para o comercio do Morrazo, coa que se premiará a fidelidade dos clientes dos nosos establecementos asociados, polas súas compras e consumicións.
En que consiste a tarxeta de fidelización?
Os establecementos participantes no programa do “Club de Clientes do Morrazo” (TARXETA DE FIDELIZACIÓN) poderán acumular unha % de cada venta efectuada na tarxeta de fidelización do cliente (Estes saldos acumulados polo cliente poderán ser descontados en futuras comprasque o cliente realice nalgún dos establecementos participantes no programa.
Cando entra en vigor a utilizar a ferramenta de fidelización?
A tarxeta de fidelización, xa está a funcionar no resto do Morrazo, con moi bos resultados. En Marín, comezará a funcionar o luns 1 de febreiro, data a partir da cal os clientes xa poderán acumular saldo nas súas tarxetas de fidelización, polas compras efectuadas.
De todos os xeitos, os clientes que o desexen xa poden formar parte do club,
de xeito totalemente gratuito, entrando no seguinte enlace.