Unha república roxa e violeta

Unha república roxa e violeta

Cristóbal López Pazo | Asociación viguesa pola memoria histórica do 36

Só en Vigo temos contabilizadas trece asasinadas e incontables represaliadas, encarceradas, torturadas, rapadas, violadas, expropiadas, insultadas, afastadas coma se fosen apestadas, mestras ás que cesaron e sancionaron, e múltiples mulleres que os fascistas deixaron viúvas ou soas, sen casa, sen terras, sen medios de subsistencia, só por ser nais, compañeiras, irmás ou fillas de republicanos.

En 2008, Vigo recoñece o sacrificio pola democracia de seis destas mulleres poñendolle o seus nomes a sendas rúas da cidade, entre elas a rúa Mercedes Núñez Targa. Unha homenaxe a elas e a tódalas mulleres represaliadas, teñan nome recoñecido ou non. Esbozamos unha mínima parte da biografía de Mercedes, unha muller como moitas que non dubidou en defender a democracia aínda a riesgo da súa propia vida. Unha das moitas daquela República roxa e violeta.

Mercedes Núñez Targa, naceu en Barcelona no 1911, de pai galego. Naqueles anos da súa xuventude está inmersa nun ambiente cultural progresista, participando, entre outras,  nas actividades do Ateneo Enciclopédico Popular, do “Club Femeni i d’Esports, entidade deportiva composta únicamente por mulleres e canta no Orfeón do Centro Galego.

Tamén participa na organización das Olimpiadas Populares, contra-convocatoria dos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936. Estas Olimpiadas veranse truncadas polo golpe militar de xullo do 36. Vive con entusiasmo e ilusión a proclamación da IIª República o 14 de abril de 1931 e comprométese e afíliase as Juventudes Socialistas Unificada, JSU. Traballa de secretaria de Pablo Neruda, sendo este Cónsul de Chile en Barcelona. Cando os xenerais facciosos dan o golpe de estado en xullo do 36, da un salto cualitativo no seu compromiso político e social e afíliase o PSUC. Durante a guerra, traballa na sede do Comité Central do PSUC.

 Ao caer Barcelona, en febreiro do 39, ven a Galicia. E detida na Coruña en novembro do 39 e logo enviada a prisión de Ventas en Madrid. Naquel cárcere estiveron as 13 Rosas meses atrás. Mercedes e sometida a un Consello de Guerra Sumarísimo e condenada a 12 anos e 1 día de cadea por “Auxilio a la rebelión”. No 42, por un erro burocrático, e posta en liberdade provisional. Aproveita para fuxir a Francia co alcume de “Francisca Colomer”. E detida polas autoridades francesas e pasa un mes no cárcere de Perpignan, acusada de paso ilegal da fronteira. Ao principio do 43, incorpórase na Resistencia francesa en Carcassonne, no seo da Vª Agrupación de Guerrilleros Españoles del departamento del Aude contra o ocupante nazi.

O día 25 de maio de 1944, Mercedes e once compañeiros da súa agrupación guerrilleira son detidos. Entre eles, Gabriel  Mascaró, Pedro  Torrades, Antonio Mari Font, Vicente Miralles, Pedro  Almagro, Francisco Rovira, Antonio Rodríguez, Soriano, Juan López…, Miguel  Amantegui, o cal conseguirá fuxir, aproveitando a confusión xerada polo bombardeo do tren que os conduce cara aos campos de concentración nazis.

O día 14 de xuño de 1944, Mercedes e as súas compañeiras de infortunio son conducidas en tren en condicións  infrahumanas cara aos campos de concentración nazis. Chegan primeiro a  Sarrebruck.O 21 de xullo de 1944 será enviada ao “ Kommando”  HASAG, preto de Leipzig, co número de matrícula 4068. Entre as seis mil mulleres do  kommando están oito españolas que se axudan e apóianse: Constanza Martínez Prieto, Carme  Boatell, Mercedes Bernal,  Marita, Elisa Ruiz, María Ferrer, chamada  Contxita, María  Benitez Luque e Mercedes Núñez  Targa, chamada  Paquita. Neste  kommando Mercedes participa xunto a outras compañeiras en accións de sabotaxe que fan inservibles os  obuses que fabrican..

É liberada o día 14 de abril de 1945 polas tropas aliadas americanas da 2ª División de Infantería. Ese mesmo día fora anotada para un “transporte” á cámara de gas. Mercedes atopábase no “ revier” (enfermería) do campo de Leipzig –  Schönefeld con  escarlatina e tuberculose. O 27 de xullo de 1945, estando ela ingresada no Hospital  Bichat de Paris, desprázase en tren hospital cara a  Carcassonne para participar como un das vinte e sete testemuñas pola parte @acusador no xuízo seguido contra René  Bach, o seu  torturador da  Gestapo. Este será condenado á morte e fusilado en setembro do mesmo ano.

O goberno francés concede a Mercedes a “ Légion d’ Honneur” (máxima condecoración civil francesa) en 1959, así como a Medalla Militar (máxima condecoración militar francesa), a Cruz do Combatente Voluntario da Resistencia, a Medalla da Deportación e Internamento por feitos de Resistencia, a Cruz de Guerra 1939-1945 e a Cruz do Combatente. Recentemente instalada en París, volve á súa actividade militante: primeiro no Movemento da Paz e a” Union deas  Femmes  Françaises”, logo atende unha consulta sindical na CXT para asesorar aos emigrantes españois. En 1968, participa activamente á creación do Partido Comunista de Galicia xunto a dirixentes como Santiago Álvarez, Enrique  Lister e outros, formando parte do seu primeiro Comité Central.

En 1975, á morte do ditador, Mercedes e  Medardo volven a España para continuar coa súa militancia e preparar as primeiras eleccións democráticas de 1977.Mercedes Núñez falece en Vigo (Galiza) o día 4 de agosto de 1986.