Na actualidade estanse a rematar os arranxos no Camiño da Quiringosta (Mos) que se anunciaban fai unhas semanas e que supuñan unha mellora na seguridade viaria. Unha obra que tiña un presuposto de 42.769,87€ e que supostamente se empregaba unha subvención concedida pola Xunta de Galicia, xa que así o anunciaba fontes da administración local.
Os socialistas de Mos denuncian que dito feito non é tal, debido a que a meirande parte dos fondos proveñen do FEADER, un Fondo Social Europeo para o desenrolo rural, cunha subvención de 26.510,24€, da Xunta de Galicia 6.185,73€ e do Ministerio de Agricultura e Pesca 2.651,03€. Ademais a obra conta cun investimento municipal de 7.422,87€. A vista do acontecido e que o Concello de Mos quere atribuír subvencións de fondos da Xunta de Galicia que son doutras administración locais, os socialistas din sentirse na obriga de solicitarlle o Concello que informen de forma rigurosa en canto as subvencións.
A voceira socialista, Victoria Alonso, pídelle a actual rexedora “non engane a veciñanza con subvencións que non son da Xunta, e que abandone esta actitude de intentar menospreciar e desprestixiar a outras administracións que tamén están a facer investimentos no Concello”. Engade “parece que xa comezou a campaña electoral de cara as vindeiras eleccións, e quere atribuírlle a Xunta investimentos que non son tan elevados cun interese político”. Recórdalle que coma rexedora local, a labor é informar de forma precisa da administración da que proveñen as diferentes axudas, cuestión que fai con todas aquelas institucións onde gobernan os socialistas.