O IBI 2020 sube mais dun 45% e o BNG propón medidas compensatorias para a viciñanza

BNG Cerdedo-Cotovade

Viascón, 20 de Outubro de 2020

Nas pasadas semanas as viciñas e viciños de Cerdedo-Cotobade realizamos o pagamento do Imposto de Bens Inmóbeis ou contribución urbana correspondente ao exercício 2020. Pois ben, a suba media nos recibos chega a superar o 45% a respeito do ano 2019. Esta subida abrupta e inesperada pola maioria das famílias é inasumíbel porque afecta a unhas economias xa de por si maltreitas pola persistente crise económica agravada este ano con mais desemprego, ERTE’s, baixas pensións ou a caida dos ingresos das persoas autónomas por mor da pandemia do COVID-19.

No ano 2014 o PP aprobara en solitario unha ponencia de actualización ao alza dos valores catastrais para as propiedades do territorio do antigo concello de Cotobade. Esta subida das bases imponíbeis foi compensada con uns tipos de gravame reducidos do 0,275% para o IBI Urbano polo periodo máximo de séis anos permitido no artículo 72.5 da Lei Reguladora das Facendas Locais. A reducción permaneceu desde 2014 até 2019. Rematado ese prazo, en 2020 viu-se na obriga de voltar subir o tipo impositivo até o mínino legal do 0,40% e disto deriva o grande aumento nos recibos da contribución deste ano 2020, equiparando a cárrega fiscal coa de concellos mais urbanizados e con un nível superior de prestación de servizos municipais. De face-lo de un xeito progresivo se evitaria a inxusta subida desde ano, nomeadamente atendendo às circunstancias sobrevidas pola pandemia.

O pasado més de marzo o alcalde anunciaba un aprazamento no cobro do IVTM e do Lixo e non descartaba aplica-lo tamén ao IBI e IAE para compensar os efeitos da crise. Esta manobra non é solución tendo en conta o diferente peso dos diferentes impostos nas economias familiares. O IBI supón para a maioria dos fogares unha cárrega muito maior que o imposto de circulación ou a taxa do lixo. Ademais o aumento dos valores catastrais afecta à subida doutros impostos municipais e estatais como o IRPF agravando a presión fiscal global sobre os viciños. Desde o BNG queremos denunciar a instrumentalización eleitoralista de políticas de apaño provisionalque ao final derivan en inxustos e repentinos aumentos na tributación local. 

A pasada semana soubemos que a Xunta vai destinar ao noso Concello unha importante partida de fondos reservados para os concellos fusionados. Isto poderia aliviar a situación financeira de un concello pequeno como o noso, moi dependente das transferencias doutras administracións. En todo caso, grazas ao financiamento extra que o concello recibirá deste fondo, poderia estabelecer-se unha rebaixa fiscalque solventara a dificil situación económica dos fogares e que non teria por que comprometer o cumprimento dos obxetivos de estabilidade e sostibilidade financeiras.

Nesta liña, e que desde o BNG proporemos ao goberno municipal que ordene unha auditoria fiscalcompleta que sirva para coñecer os níveis de elusión e fraude fiscal e tamén de presión fiscal efectiva sobre as e os contribuintes cumpridores das suas obrigas tributárias Aliás, seriviria para verificar se as grandes compañias de suministros de enerxia e telecomunicacións están a pagar o que realmente lles corresponder pola utilización privativa do domínio público local mediante as instalacións ou redes de subministro, que atravesan o territorio do noso concello.

Ademáis e en consonancia coa situación de descontento xeralizado pola alta subida do IBI, instaremos a que se proceda a realizar un estudo da incidéncia que sobre a recadación tivo a revisión catastrale a recente fixación de importes mínimos exentos de tributar. E tamén a que se analise se, conforme a lexislación vixente, habería marxe para aplicar unha reducción ou bonificación xeral nos impostos ou revisión das taxas municipais, sobre os que teña competéncia, para mitigar a cárrega fiscal que suportan os coletivos sociais mais vulnerábeis.

Joám J. Romero Durán

Economista e membro da equipa de 

Ernesto Filgueira Touriño

Concelleiro do BNG en Cerdedo e Cotobade