Si empregásemos termos estadísticos sobre cada un dos elementosque compoñen os dirixentes da dereita, os resultados que obteríamos sería que esta, vaise alonxando cada vez máis do que é unha dereita democrática e que está a piques de rebasar a desviación estándar, moi lonxe da media artimética, que é a que marca o límite entre o normal e o anormal, entre o razoable e o xenófobo e intolerante. Ao meu parecer, isto ten unha explicación. Moitos dos datosque antes se agrupaban en torno a eles, convertéronse en datos dubidosose alonxáronse máis e máis ata conseguir formar unha colonia aillada. Agora mesmo hai un campo magnético entre eles que semella rexeitarse, xa que os polos iguais se repelen. Dende ámbolos lados están librando unha batalla para ver quen atrae a quen, loitando para ver quen é capaz de botar abaixo as leis do electromagnetismo e deste xeito rematar fundíndose de novo na masada que sairon. Os efectos secundarios desta batalla sufrímolo nós, os plebeos deste reino, que temos que aturar unha barbaridade detrás doutra, cada vez que suben á tribuna parlamentaria ou cando alguén lles pon un micro diante. Sorprende a lixeireza coa que chaman asasinos a uns e o indulxentes que se amosan co maior xenocida que houbo en España. Foron moitos anos os que pasaron para que, coa boca pequena, algúns deles comezaran a condenar a ditadura. Pero, xamais lle escoitei a algún dos seus dirixentes chamar asasino ao golpista.
A última teima que colleron foi a de martillarnos con Bildu, aos que acusan de pertencer a algo que non existe, aos que lles chaman asasinos dende as súas bancadas do parlamento por ser, segundo eles, os herdeiros da desaparecida organización terrorista. Non deixa de ter certa graza escoitar falar de herdanzas a aqueles que recibiron unha multimillonaria de torturas, asasinatos, desaparecidos e nenos roubados as súas nais. A indecencia que manifestan cando utilizan as vítimas de Eta para desviar a atención das súas miserias e, por outra banda, considerar vítimas de segunda ás masacradas durante 40 anos, é lamentable . Destas últimas, si lles preguntas por elas, tiran de argumentario: “É unha irresponsabilidade reabrir feridas superadas”
O seu presidente enorgullecíase de asignar cero euros nos presupostos a Lei de Memoria Histórica. Coñecido é que eles posúen a súa propia e aplícana a modo de pateo. É noxento a capacidade de retorcelo todo para considerar que en aplicación de dita Lei, Millán Astray e Largo Caballero están á mesma altura, e que polo tanto, si a un se lle retira o nome dunha rúa, o otro tampouco é merecedor dunha escultura na porta da casa onde residíu. Alá onde gobernan fan todo o posible para que prazas e rúas sigan enaltecendo a memoria do xeneral e de persoas que cometeron verdadeiras atrocidades. Por todo isto, non está de máis, que cada vez que lle chamen asasino a alguén, recordarlles cal é o seu pedigrí ou árbore xenealóxica.