O trixésimo terceiro fragmento do diario de Senlúa Arraiana

Senlúa Arraiana A Nova Peneira

Emancipando a Vilania de si mesma

Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós

Este trixésimo terceiro fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana

Sucedéronse días longos traballando sen respiro na ardua tarefa de rescatar á dignidade da poboación de Vilania do fondo pozo onde a agochara a década de terror do imperio de Arevaléfica. 

Pasaron os días cruzándonos miradas ansiosas de novas da fronte. Devecíamos por ter novidades do que estaba sucedendo e saír da agoniante incertidumbre. 

Nestas poucas semanas conseguíramos avances notables no comportamento da poboación. Todo isto podería irse ao traste se Arevaléfica acadaba unha victoria sobre o exército rebelde acantonado en Anatolia.  Con non menos temor contemplábamos a posibilidade de que desistiran do asedio á cidade rebelde e se revolveran contra nós para recuperar a capital. 

Con dar un paseo polas rúas de Vilania unha se decataba enseguida da nova fisonomía social. Observar a gran presenza de xente nas rúas, velas bulliciosas entre os postos e tenderetes que progresivamente volvían a engalonar as fachadas, era moi reconfortante. 

Propiciaramos unha entente entre o campo e a cidade que rápidamente deu os seus froitos. Volveron as cuadrillas de ciudadanos ao campo para axudar ás familias agricultoras nas labores. A cambio os clans aparceiros consentían en ceder todos os seus excedentes para abastecer á capital mentres non acadaramos revertir a carestía de alimentos. Era un contrato de colaboración mutua que recuperaba en gran medida o espíritu comunal da federación de cooperativas agrarias articulada polos Puxeiros antes do golpe de estado. 

Era un gran paso para recuperar a confianza e reconstruir o tecido social laminado polo terror. A Colmea sempre considerou ao campesinado como un xérmolo de insurxencia e procurou illar aos clans que non fuxiron no éxodo e permaneceron traballando as terras como aparceiros. 

Arevaléfica sempre escudou a súa responsabilidade na crise alimentaria que sufría a Colmea sinalando aos aparceiros como os culpables. Acusabaos de agochar alimentos, de neglixentes e perezosos nas labores e incluso de sabotear e destrozar os seus propios sembrados por encono e carraxe co novo orde da capital. Esa imaxe distorsionada dos aparceiros foi calando na poboación 

de Vilania que nos días de fame máis acuciante chegaron a atacar e malferir a unha familia aparceira de visita na cidade. 

Este incidente ben o tiñan presente os clans aparceiros quen recelaban de todo o que viña da capital. Para eles os capitalinos consentiron e mesmo apoiaron coas súas manifestacións toda a vaga represiva acometida contra eles pola Colmea. 

Encargueime persoalnente de intermediar neste acordo e coñecendora dos antecedentes foi unha satisfacción que rematara nunha realidade. Ambas partes nos reclamaron como garantes do cumplimento do trato. Uns recoñecendo a nosa autoridade como o exército de Puxeiros o Negro e os outros crendonos as todopoderosas huestes da Gran Feiticeira. 

Máis doada foi a empresa de Portela e Zafra para recuperar os obradoiros artesanais e as labores menestrais máis sinxelas. Cos coñecementos técnicos que atesoraba a súa comunidade científica non tardaron en proliferar na rúa os postos de zapateiros, costureiros e ferreiros. Con máis paciencia estaban formando a enfermeiros e sanitarios que poideran atender á poboación.

Todos os días visitaba a escola unitaria que crearamos para os cativos. Era un canto á esperanza velos chegar cada mañá, ocupar os seus asentos e desfrutar sorrintes en todos os xogos participativos que os mestres lles propoñian. Inculcarlles os valores comunitarios e democráticos nos daría un punto de inflexión xeracional. 

A tarefa máis complicada recaeu sobre os hombreiros de Puxeiros o Roxo e a súa xente. Era imprescindible formar unha milicia propia de Vilania, que eles mesmos se veran capaces e confiados en poder manter a orden e defender a cidade. A dificultade estribaba na selección dos integrantes,  cómo escollelos coa seguridade de que non nós traicionaran. Todo o Consello coincidimos co Roxo na necesidades de controlar moi ben a quen lle entregábamos armas. Ninguén desexaba correr riscos así que armouse unha pequena milicia mediante unha leva pactada cos aparceiros e só dúas patrullas de orden urbanas recabando voluntarios entre as poucas familias da cidade nas que confíabamos. 

Hai días nas que unha se levanta cunha idea luminosa que o tempo desvela desastrosa. Ese aciago día espertei leda pola miña ocurrencia de celebrar unha festa polos cen días que levábamos en Vilania. Unha especie de festa da liberación que oportunamente poderiamos facer coincidir co remate da sembra. A proposta tivo de inmediato unha acollida favorable, todas necesitábamos un día de asueto e que había máis importante que celebrar o fin do imperio do terror en Vilania. 

Marcamos o día e formamos un grupo para organizar os preparativos dos festexos. A poboación acolleu tamén con entusiasmo crear esta festividade. Pronto presentáronse voluntarios para cantantes, cómicos e malabaristas, dispostos a facer as delicias do público. Ante a gran expectación que despertou a celebración do Día da Liberación decidimos facer un dispendio no racionamento de alimentos e servir ese día unha cea especial. 

Chegou o esperado día e ninguén quiso perdérselo. A praza maior e as rúas aledañas eran un fervor de xente que con regocixo rían as chanzas dos cómicos ou se deleitaban coas peripecias dos malabaristas. O tempo acompañaba cun sol primaveral que nos iluminaba reconfortándonos co seu agarimoso calor. Nada do que acontecía presaxiaba o final funesto daquela xornada. 

Antes do banquete nocturno representamos unha obra teatral coa axuda dos artistas voluntarios. Unha pequena peza na que o ben triunfaba sobre o mal e a raiña escura remataba cun final truculento. Do guión encargouse Vegatinta quen xa revelara as súas dotes na creación da Gran Feiticeira e a pantomima da auga. 

Congregouse moitisimo público diante do escenario, incluso xa un bo rato antes de que comenzara. Creo que Vegatinta pretendeu ser pedagóxica co título da obra: “A maxia da democracia”. Pero sen querer despertou o interese dos vilanos entre os que se propagou o rumor que na actuación faría aparición a Gran Feiticeira. 

Arrancou a obra entre aplausos para os representantes do ben e abucheos para os maléficos oportunamente ataviados con ropaxes escuras. Os abucheos, compartidos por todo o público, foron continuos e cada vez máis exacerbados, chegando ao lanzamento de pequeños obxetos cando aparecía a raiña escura. 

Avanzada a obra, os maléficos capturan a heroina dos demócratas quen está a punto de morrer ás mans da raiña escura antes de que o pobo sublevado contra a tiranía a liberte e xuntos proclamen a democracia en solemne final teatral. O público alporizado desmadrouse arroxando todo tipo de obxetos contra os maléficos e a súa raiña. Era bo que a poboación dera renda solta a todos aqueles sentimentos, pero peligraba a integridade física dos cómicos, de todos porque era patente a mala puntería da maioría do público. 

Pudimos continuar grazas a unha improvisada rede protectora que apañou Vegatinta.  Intentamos calmar aos presentes, pero non surtiu efecto algún e ao remate da obra invadiron o esceario sacando a hombreiros aos heroes populares da obra. Vegatinta, áxil coma un cómico do século dezaoito nunha representación en provincias, habilitou entre bastidores un escondite para os actores vestidos de negro. Grazas a Vegatinta evitouse a traxedia ante aquela muchedumbre emancipada e resolta a axustar contas co terror. 

Sólo grazas ao anticipado anuncio do comezo do banquete e ao atractivo cheiro das viandas na lumbre acadamos que baixaran aos cómicos ao chan e amainaran os ánimos. 

Máis tarde, na investigación do sucedido naquel día, enterámonos que varios veciños recuperarán un antigo alambique e destilaran un licor de pataca para a ocasión. Aquel infernal brevaxe rematou quentando a corrente sanguinea da maioría da poboación. Toda a algarabía estivera espoleada por aquel potente licor. E seguramente foi un acicate do que sucedeu na sobremesa do ágape. 

A copiosa cea serenou os ánimos e todo auguraba que remataríamos aquela memorable xornada sen ningún incidente salientable. 

Cando o berro quebrou a nosa ledicia xa estábamos nesa fase postrimera  da sobremesa na que os máis vellos apodéranse de todo protagonismo coas súas historias e cánticos prehecatómbe  e moitos xovenes van retirándose da mesa e formando corrillos. 

O berro que anunciou a desgraza foi tan cortante que enmudeceu todas as conversas. Aquel aciago alarido actuou coma un resorte e enseguida alcancei o lugar onde a morte nos visitara de forma intempestiva. Naquel intre non podía intuir a dramática situación que se aveciñaba.