OBRAS FEITAS NO ENTORNO DA CAPELA DE SAN AMARO

Obras Capela Aldán

Cangas, 23 de abril de 2021

O día 11 de decembro de 2020 dende AVANTE! – Candidatura Veciñal poñíamos en coñecemento do Concello de Cangas un movemento de terras e tala de árbores no entorno da Capela de San Amaro (Aldán).

Debido o alto valor ecolóxico e patrimonial dese entorno, na instancia solicitábamos “Coñecer si se solicitou algún permiso para facer estas obras por parte de algunha entidade, e poñer en coñecemento do inspector de obras do Concello eses traballos para que informe. Saber si se solicitou Informe á Dirección Xeral de Patrimonio”.

En febreiro de 2021, observamos que no mesmo entorno da Capela de San Amaro realizouse unha obra de construción dunha rampa de acceso, polo que o 19 de febreiro solicitamos novamente por escrito ao Concello de Cangas que nos desen resposta á solicitude anterior presentada en decembro de 2020, e que puxeran en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio esta obra, para coñecer se conta con proxecto de obra e con todos os permisos eautorizacións por parte da Dirección Xeral de Patrimonio.

Ante a falta de resposta ás nosas solicitudes de información, e ante a innacción por parte do goberno municipal nun asunto desta gravidade, o 12 de marzo preséntase instancia na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, para dar a coñecer a construción desta rampa de acceso no entorno da capela e preguntar se se solicitou algún permiso para facer estas obraspor parte dalgunha entidade.

Neste mes de abril, tivemos incluso que ampliar a información da instancia inicial presentada na Dirección Xeral. Pois ademáis da rampa, a desfeita no entorno da capela continúa co paso do tempo. Continúase a alterar o entorno da Capela de San Amaro, desta vez coa instalación de unha varanda na escaleira de pedra que sube ao adro da capela, danando este ben.

Novamente puxémolo en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio, e nesa mesma data, presentamos ante a Valedora do Pobo unha queixa formal contra o Concello de Cangas e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, coa seguinte motivación:

  • Pola falta de resposta, para informar deste asunto, e pola súa inacción ante unhasactuacións urbanísticas no entorno da Capela de San Amaro que se suceden no tempo, e que danan gravemente o patrimonio histórico e cultural.
  • Instando ás dúas administracións a actuar e a repoñer a integridade do lugar, tal e como se conservou durante séculos, e a recriminar as accións, decisións e inaccións dos responsables

Avante! – Candidatura Veciñal