Historia dun camiñante de Fornelos da Ribeira

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

A miña vida foi un camiño que se foi facendo o andar ignorando a distancia que tiña querecorrer, e que foi o que encontrei o camiñar. Habíaque continuar ata o final, cada segundo,neste vale de bágoas, estando cheos de vivencias atao final, porque tódalas vivencias, agradables unhas e desagradables outras, fixeron camiñoo andar. E neste traxecto dos 90 anos, case que noventa anos, está marcado de valorese ensinanzas,creadas en cada momento da miña existencia.

Os meus primeiros pasos foron en Fornelos da Ribeira,da man dos meus pais, de quen recibín o ser. Logo me acompañaron os ollos da madriña, ata perdela de vista e o horizonteou destino me permitiu ver. Logo despois, ti só contigomesmo: Coas túas emocións, astúas razóns, as túas lembranzas e esperanzas. Asídía tras día, enchendo as páxinas dahistoria que levamos enriba de nós, onde queiramos estar.

O que deixamos de facer alí estará. Non o podemos borrar, aínda que queiramos. E unha folla da nosa historia que so podemos lembrar ou esquecer,si así o queremos; quizais para revivir os gratos momentos ou chorar as penas que levamos enriba de nós.

Pasados o correr dos anos, acortada a vista, nos obriga a camiñar lento, e é necesario facer un alto no camiño. E é aquí, en solitario ou en familia, facer un balance do feito e do porfacer, e me dou conta, mirando atrás, para encontrar o propio exemplo da razón de seguir.

Non tardarei moito tempo en desprenderme desta vida, dos que xa se foron sen retorno, doutros que se senten sós e abandonados nesta estacióndo camiño, degoiro do pasado,chorando, culpándose do que fixeron ou deixaron defacer. Do tempo restante e vacío, tempo para enfermar e morrer.

Eu, cando chegue ese final, xa sen forzas, canso, para continuar, será a hora de deter amarcha, e antes de que se oculte o sol, mirar paraatrás e darme conta de que o tempoxa pasou e aquí queda a semente para crecer…

A vida e un camiño, e un sendeiro e un recorrido. En son froito dunha herdanza cargada sobre os meus ombros, con responsabilidade de continuar o camiño que me tocaba andar. Moitos foron os anos de loita e de dificultades; sen embargo, moitos foron os logros alcanzados no decorrer destes case que noventa anos.

A semente herdada recibida, foi diferente o camiñoescollido de esperanzas de vida.

Como todo camiñante, o medo, estaba aí, pero tiñaque andar. Logrei moitos afectos queendozeron a miña existencia de semente de liberdade republicana e me deron a razónpara vivir e loitar. E agora, pensando xa no retorno o mundo da eternidade, cando metoque, o farei feliz, voando sobre as nubes, camiñoonde non existe nin tempo nin espazo, equero que saibades que en todo momento dende o iniciodo 17 de Xaneiro do 1.932 ata agora, estiveron sempre presentes os sentimentos polos meus seres queridos e as xentesdo meu querido Fornelos da Ribeira.