O venres 5 de novembro de 2021 tivo lugar no IES Salvaterra de Miño a presentación das parellasTEI. O acto contou coa presenza da alcaldesa de Salvaterra de Miño dona Marta Valcárcel e opresidente da ANPA do centro educativo don Marcelo Sánchez, ademais da dirección, membros doequipo de convivencia e profesorado do centro.
Este programa TEI (Titoría Entre Iguais) é unha estratexia de convivencia enfocada,fundamentalmente, á integración do novo alumnado e á prevención do acoso escolar. O alumnadode 3º de ESO, con experiencia xa no centro educativo, presta apoio, sobre todo de tipo emocional,pero tamén axuda na resolución de conflitos a alumnado de 1º de ESO que, a priori, é alumnadomáis vulnerable debido á súa recente incorporación ao centro escolar.
O programa TEI vén funcionando dende hai varios anos no IES Salvaterra de Miño pero, por morda pandemia, non foi posible poñelo en práctica na súa totalidade debido ao confinamento e ásrestricións impostas no curso 2020-2021. Responsables do centro educativo confían en que este anopoida desenvolverse na súa totalidade e que isto axude á mellora da convivencia.
Este programa TEI que, como sinalou a alcaldesa dona Marta Valcárcel, é unha estratexia pioneiraen centros do concello, vén a completar outras estratexias a prol da mellora da convivencia que xase están poñendo en práctica nese centro educativo como a mediación escolar, as prácticasrestaurativas ou unha aula de convivencia activa. A alcaldesa agradeceu que este tipo de iniciativas,que axudan a mellorar a convivencia e a formar cidadáns máis responsables, sexan postas enpráctica nos centros educativos. Pola súa parte, don Marcelo Sánchez tamén agradeceu ao centro, ennome das familias, estas actuacións co alumnado e comentou que dende a confederación de ANPASrecibe preguntas acerca de como poñer en práctica iniciativas coma estas que se están implantandono IES Salvaterra de Miño.
Fontes do centro educativo informaron de que, a pesar de que o programa TEI é de recenteimplantación no IES Salvaterra de Miño, estarían encantados de que os centros de infantil eprimaria adscritos se uniran a esta iniciativa, o que suporía crear unhas dinámicas dende idadestemperás que favorecerían os obxectivos pretendidos de integración e prevención. Indican, ademais,que é un programa que leva implantado dende xa hai anos con éxito non só en centros educativos detodo o territorio español, senón tamén en cidades, denominadas cidades TEI, como Gijón, Málaga,Sada, Santander entre outras moitas.