
As Neves, 11 de novembro 2019
O
Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE),
dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, vén de
conceder ao Concello de As Neves dúas subvencións por un importe
total de 301.873,49 € para a renovación do alumeado exterior da
vila.
Estas achegas permitirán a a substitución de 749
luminarias e 24 dos 63 cadros de mando do actual sistema de alumeado
municipal, o proceso que se levará a cabo nas parroquias de
Santiago, San Xosé e San Cibrán de Ribarteme e San Pedro e Santa
Eulalia de
Batalláns.
Das lámpadas actuais a LED pasando de 36 a 12 kW de potencia
Este
orzamento, que representa o 80% de toda a inversión total para
substituír a iluminación actual e que estará completada co 20%
restante -preto de 76.000€- que achegará o propio Concello, estará
adicado a retirar as luminarias actuais de VASP, VM, BC e IND por
novas lámpadas LED, pasando dunha potencia de 36,13kW a 12,05 kW o
que representara un aforro enerxético medio do
81%.
Outros 500.000€ máis de fondos europeos
Esta
subvención do IDAE súmase ao medio millón de euros, “logo dun
traballo de máis de dous anos de xestións”, de fondos
europeos, acadados polo Goberno local este mesmo ano. De xeito que As
Neves conta con máis de 800.000€ para “renovar na súa
totalidade, e en todas as parroquias, abranguendo todo o territorio
municipal, as vellas lámpadas obsoletas e contaminantes por leds de
alta tecnoloxía”, subliña o
alcalde.
Aforro e redución da contaminación
Xosé
Manuel Rodríguez Méndez, recalca que, en conxunto, o novo alumeado,
“ademais de subir a intensidade e claridade do actual,
mellorando de xeito considerábel o servizo ás veciñas e veciños,
permitirá aforrar ás contas municipais máis dun 75%, de media, no
recibo eléctrico e reducir a emisión de CO2 á atmosfera”.
Ao
mesmo tempo que se substitúen as luminarias implantaranse sistemas
intelixentes de tele-xestión enerxética nos ‘cadros da luz’.
Isto fará que sexa posible monitorizar o alumeado en tempo real e
xestionar punto por punto, o cal permitirá regular a intensidade
lumínica e programar o acendido e apagado en función das
necesidades e das horas nas que haxa luz
natural.
Inicio da licitación
O
Goberno local empeza agora coa licitación para realizar este cambio,
a seguir, empezarán os traballos de substitución das vellas
lámpadas, un proceso que se vai facer de xeito progresivo en toda a
superficie de As Neves e que se estima que estará rematado nun prazo
de dous anos.