Arredor de 100 persoas acompañaron a asociación no seu acto de presentación no día de onte na sala multiusos de Auditorio de Ponteareas. Dita asociación sen ánimo de lucro inicia a súa andaina coa intención de por o seu gran de área na construcción dunha sociedade máis xusta a través do traballo no eido do benestar social e da igualdade. Este proxecto xurdiu coa idea de crear espazos de traballo e comunicación, realizar obradoiros, poner en valor o legado das mulleres ao longo da historia, levar a cabo actividades de sensibilización, conciencia e prevención.

No acto contaron coa actuación da escola de danza Ítacas de Vigo, coas pandeireteiras de Gargamala e Toutón e coa Conferencia de Yolanda Domínguez, artista visual e comunicadora experta en igualdade.

