Asociacións e centros culturais de Redondela poden pedir ata o 19 de xullo axudas para actividades e gasto corrente

Concello de Redondela A Nova Peneira

En total, a Concellería de Participación Cidadá investirá 64.000 euros no apoio destas organizacións 

Redondela, 24 de xuño de 2021

Os centros culturais e as asociacións de Redondela xa poden presentar ata o 19 de xullo solicitudes para optar a subvencións para o seu gasto corrente, no caso dos primeiros, ou para actividades, no caso das asociacións, que se desenvolvan no ano 2021.  

En total, a liña de axudas da Concellería de Participación Cidadá suma 64.000 euros repartidos en 25.000 euros para subvencionar actividades en xeral e 39.000 euros, para gasto corrente de centros culturais.   

Como noutros anos, as bases das subvencións sufriron modificacións para mellorar os criterios de puntuación e facer máis equitativo e xusto o reparto das axudas entre os participantes. Neste sentido, nas bases do 2021 as subvencións de actividades foron as que máis cambios sufriron, con novidades como, por exemplo, que a axuda non poderá ser superior a 3.000 euros por organización solicitante e non se abonará ningunha factura cuxo concepto non coincida coa da solicitude.  

Os interesados poden consultar as bases na páxina web do Concello no apartado de subvecións ou enviar as súas dúbidas ao enderezo electrónico paricipacioncidada@redondela.gal.