Carambola do Club de Billar “NA Lua”

Carambola do Club de Billar “NA Lua”

Hai pouco máis de tres anos, 15 mozos de Redondela ,que compartían a afección polo billar e que se coñecían de practicar esta actividade polos distintos locais da Vila dos Viadutos, decidiron crear un club para regularizar a súa paixón en forma de práctica deportiva oficial. Nace así, no 2.017 o club de billar NA LUA. Hoxe , tan só un par de anos despois o seu talento e o seu esforzo foi recompensado con grandes éxitos deportivos, así pois son campións galegos absolutos deste deporte tanto no ano 2.019 como no presente ano 2.020, xa que conquistaron o torneo que nos dous últimos anos se celebrou na localidades de Padrón e Cangas. Nós falamos con:

DANI, HÉCTOR, JOSE ALEJANDRO, E ELADIO da Xunta Directiva do club para que nos explicaran algo máis sobre o seu deporte en xeral e sobre o seu club en particular

GUSTARÍAMOS TER TIDO UNHA VALORACIÓN ALGO MÁIS EXPLÍCITA POR PARTE DO CONCELLO DE REDONDELA”

Cando naceu o club?

En setembro do 2.017

Pero supoño que non naceriades por xeración espontánea?

Non claro, xa levabamos bastante tempo xogando ao billar

Organizados?

Non, cada un xogabamos onde poidamos, basicamente nos locais onde existían mesas de billar. E como somos de Redondela e compartiamos afección acabamos coincidindo na idea de que sería pertinente montarmos un club de billar

Seica os éxitos deportivos non tardaron moito en chegar?

Ben, acadamos algún campionato en Galicia e un bo posto nun open a nivel do estado, si. Pero como che mencionamos antes xa tiñamos moita experiencia xogando ao billar

Que media de idade teñen as persoas que o pratican no voso club?

Entre 35 e 40 anos aproximadamente

Se alguén quixera formar parte do club que tería que facer?

Pois falar coa directiva, e nós valorariamos. Non deberá haber ningún problema para que entrara, vaia. Hai que ter claro que isto é un club de billar, non un bar, e logo habería que pagar a cota de socio, claro.

É necesario ter un nivel mínimo para poder entrar?

Non, non o é. Só é preciso ter interese e respectar as normas do club

Tedes unha nova ubicación, non?

Si, a sala de abaixo do Bolero

As mesas de billar comprástelas vós?

Si, de momento temos 3 e a nosa intención é medrar

Cantos socios sodes?

18 de momento. Os 15 que o fundamos e 3 a maiores que foron entrando

As competicións do futuro , complicadas, non?

Si, a verdade é que si, que as circunstancias sanitarias fan que todo, incluído o noso, sexa moi complicado

Onde competides normalmente?

Desputamos una liga regular, que segundo o posto no que remates posibilita, ou non, que xogues no campionato galego. Ese campeonato faise ou nun pavillón ou nun hotel

Quen organiza o campeonato galego?

A AGP(asociación galega de billar)

Creo que xa vos metestes una boa tirada de kilómetros para alguna competición, non?

Ás veces toca xogar máis preto, por exemplo en Cangas, e ás veces máis lonxe. Nós xa temos estado en Lalín e incluso en Zaragoza.

Cantas horas de adestramento podedes botar ao día?

Depende, pode haber días de una hora ou días de catro.A media pasa das 15 horas semanais

Tedes alguna axuda por parte do Concello de Redondela?

Xa falamos co concelleiro responsable, pero quixeramos dicir que: nós levamos o nome de Redondela por todo o país, gañamos dous campionatos galegos e a verdade un pouco máis de recoñecemento por parte do Concello si que nos tivera gustado ter recibido. Creo que para una subvención temos que agardar, pero nas galas do deporte non estaría de máis que nos tiveran mencionado

Se cadra o voso é un deporte que non está moi valorado, non?

Non che digo que non, pero non deixamos de ser deporte, tan digno e respectable como calquera outro,e todo é cuestión de vontade, recoñecer o esforzo duns deportistas que levan o nome de Redondela por moitos sitios da península tamén o debera ser.

Nunha partida de billar que porcentaxe da victoria pode deberse á intelixencia?

Non é fácil de cuantificar pero máis do 80% depende da cabeza con seguridade.

O billar é como andar en bici, una vez que aprendes xa non se esquece?

Non, nin moito menos. O billar esixe práctica constante, senón custa moito recuperar .