Acto político do PP en Redondela

O pasado 7 de novembro o PP convocou un almorzo informativo para segundo anunciaban no convite que nos enviaron “ valorar as emendas presentadas ( aos orzamentos do estado) polo PP en relación a Redondela e ao resto da provincia”.

O pasado 7 de novembro o PP convocou un almorzo informativo para segundo anunciaban no convite que nos enviaron “ valorar as emendas presentadas ( aos orzamentos do estado) polo PP en relación a Redondela e ao resto da provincia”.

No acto dos populares estiveron 2 deputados desta formación pola provincia de Pontevedra; o vigués Diego Gago, e o redondelán ex alcalde da vila dos viadutos e novamente candidato popular nas municipais do próximo ano, Javier Bas, alén da deputada e ex ministra Ana Pastor e o voceiro municipal Ivan Crespo. Ana Pastor nesta lexislatura foi elixida pola circunscrición de Madrid, pero nas 7 anteriores , que tamén foi deputada, foi nas listas da nosa provincia.

Na presentación de emendas os populares valoraron moi negativamente os orzamentos do estado pois segundo mencionou Javier Bas” non contempla ningún proxecto que faga mellorar a Redondela en calquera das competencias que atinxen ao estado”.

Así mesmo os representantes do PP tamén cargaron as tintas contra a administración local pois baixo o seu punto de vista non defenden coa intensidade que deberan os intereses dos veciños e veciñas de Redondela.

Na exposición de emendas referíronse a 15 que presentaron aos orzamentos do estado en eidos diversos como: -A seguridade cidadá- As infraestruturas viarias -A supresión definitiva da peaxe de Rande- As infraestruturas ferroviarias -O medio ambiente e as humanizacións- Distintas reducións de impostos….

O acto rematou cunha quenda de preguntas que deixou a sorprendente realidade de que dous deputados por Pontevedra e unha deputada 7 lexislaturas por Pontevedra, e ex ministra de fomento non nos contestaran a unha pregunta tan simple como:

“ Cal é a posición do PP sobre o malestar veciñal ante o suposto mal estado da estrada que vai dos Valos a Amoedo?”

caneándoa cunha sorprendente resposta:

“ A esa pregunta tería que responder o alcalde de Pazos”

Como se tres destacadas figuras do PP de Pontevedra non tiveran nada que dicir sobre unha estrada que discorre por tres parroquias da Provincia: Nespereira, Cepeda e Amoedo.