Manuel Alfonso Estévez
Como diría Tino , esta é a historia viva dun fillo de Fornelos da Ribeira, e como ,toda historia viva, tamén a dunha parella de merlos que aniñaran no parral da entrada do eido da miña familia Cambra, no rueiro do Casco,cando eu tiña 12 anos, e das observacións daquelas criaturas, das súas costumes que converteran a toda a familia nuns improvisados aprendices ornitólogos.
Fora no verán do ano 1.944 cando me dera conta de que alí, no parral da entrada o eido, habían feito un niño: Unha prodixiosa cazola de follas e poliñas perfectamente trenzadas que deberan resistir a chuvia da última semana.
A verdade era de que ninguén sabía que estaba alí, e logo que o souben, non me faltou tempo para observalos e comentar as súas idas e vindas. Iso si, con toda a cautela e silencio para que non se asustaran e puideran cumprir coa súa tarefa que non era pouca.
Dos catro ovos azuis, naceran catro poliños, que se apertaban uns contra os outros naquel niño estreito. Apenas tiñan plumas e durmían case que todo o tempo ata que a fame azuzaba, e entón, co seu simpático xoldo, levantaban as súas cabeciñas e abrían o pico todo o que podían esperando o alimento. O merlo pai, e a súa merliña nai, turnabanse organizadamente para traerlles a súa comida.
Eu vixilante, os vía chegar co pico repleto de miñocas, esperando non verme para achegarse e saciar os seus poliños .E si algún deles estaba no niño, se pousaba con coidado sobre os seus fillos inchando o seu corpo para darlles calor e acubillo, agardando o relevo, pero as veces as crías se quedaban soas, e eu, aproveitaba para contemplalos. Eu tiña, entón doce anos e me vía sentado moitas veces coa miña irmá Pepita (q.e.p.d.), o pe do cruceiro do Casco, despois de observalos.
Para min, esta familia de merliños, traíame ilusión e o facelo no noso eido, era esencial, para gozala natureza, admirar a vida, coidala e protexela. Ata nome tiñan os merliños, quizais por aquelo de domesticalos e velos tan libres e auténticos. Entón, estábamos na eira lendo e escoitando o canto deles, nesa parcela abnegada que compartía a crianza da súa prole con un amor instintivo, leal e infindo, sen que poida caber entre eles egoísmo, odio e violencia.
De todos aqueles tempos pasados, nos quedou a natureza. Tamén daquela era un pouco vago, pero me encantaban os paxaros e con eles crecín, pensando ser algo na vida, que nunca foi cor de rosas, pero aquí me tendes lembrando aqueles tempos de neno, comentando a historia viva de Fornelos da Ribeira, e a dunha parella de merlos. Os admiro tanto e escoito moitas veces dando paseos, polos parques e xardíns de Vigo, e me lembro ¡Como non! Daqueles tempos pasados no eido solar da familia, en Fornelos da Ribeira, que non volverán mais.