Cangas conta con 6 praias con accesibilidade, 3 das mesmas con accesibilidade Universal

Praias accesibles Cangas do Morrazo

As praias con accesibilidade Universal son as de Rodeira, Nerga e Areabrava

Cangas ao 18 de xullo de 2021

A alcaldesa Victoria Portas traballa desde o ano 2020, nun proxecto de accesibilidade universal en colaboración con asociacións do concello e outras entidades para conseguir dita accesibilidade.

É prioritario traballar na idea de incorporar a posibilidade de unha plena accesibilidade de todas as persoas con mobilidade reducida e cognitiva aos nosos areeiros, asegurar a provisión e a disposición dun sistema que garante a actividade de baño do mar a todas as persoas.

Este traballo estase a estender a totalidade de 6 areais do Concello, e que neste 2021, 3 dos mesmos conseguiron a accesibilidade Universal. Pretendese achegar a información real e actual do grao de adaptación das infraestruturas das nosas praias durante a tempada estival, para que se poida consultar polos usuarios, e sendo coñecedores de que tipos de servizos poden atopar en cada areal.

Para lograr o recoñecemento de Accesibilidade Universal tendeuse que dotar de certas infraestruturas e servizos fundamentais como son; contar con aparcamentos reservados para condutores con discapacidade, ramplas e pasarelas de acceso ata a beira mar, duchas e aseos adaptados, fontes adaptadas, cadeiras anfibias e por suposto o poder contar con persoal de axuda para o momento de meterse no mar.

Neste 2021 os areais que contan coa accesibilidade universal son Rodeira, Nerga e Areabrava e que estarán sinalizados coa seguinte información. E os que contan con accesibilidade ( cadeira anfibia, socorristas e ramplas) Liméns, Areamilla, Menduiña.

Portas é coñecedora de que Cangas conta cos areais máis fermosos da provincia, gustaríalle que fosen accesibles na súa totalidade, pero tamén é certo que moitos destes areais, teñen unha orografía con moi difícil acceso, pero Vitoria Portas continuará traballando para incrementar este número para o próximo verán.