O rural acolle con éxito a presentación de “Anacos de vida”

Anacos de vida Carballedo

Na mañá  do domingo 18 ás ás 11:30h tivo lugar a presentación do libro de “Anacos de vida” de Víctor Rivas, autor do seu primeiro completo, no Café A Chan de Carballedo.
Foi un evento moi concurrido e participado por máis de medio centenar de veciños e amigos que quixeron facer parte do emotivo encontro, como dixo o artista: “Síntome embargado pola emoción que me produce verme rodeado da xente de Carballedo, das gañas de verse facendo cultura e apoiar as artes no rural”.
Rivas explicou que a súa obra é a expresión gráfica do sentir polas lembrazas da súa infancia en trabazo, das experiencias vividas en Carballedo e das imaxes que garda da súa vida rural e cotidiana no seu concello.
Na presentación participou Ana de Vilatuxe e Joam Romero, encargados de redactar os limiares da obra ilustrada Anacos de Vida.