Mes: Novembro 2021

Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves

Xose é un tipo brillante, cálido e cordial, que ten un compromiso emocional absoluto co seu pobo, e que estou seguro que, como Pepe Represas en Ponteareas, pasará a historia como o mellor alcalde de todos os que tiveron a honra de ostentar a máxima representación na política local. Unha vez máis foi un pracer para min conversar con el

Ler máis

Digna Rivas alcaldesa de Redondela

Tiña gañas de poder falar coa alcaldesa de Redondela, pois despois da ruptura do goberno municipal tras a decisión dos concelleiros de AER de abandonalo aínda non tivera ocasión de facelo. Velaí vai o que deu de si a nosa ampla conversa, na que tratamos unha ampla gama de temas da actualidade política local

Ler máis

Sobre a XVII asemblea do BNG e o independentismo

O pasado domingo 7 os nacionalistas galegos celebraban, na cidade da Coruña, a súa XVII asemblea nacional. Varios milleiros de militantes da forza política que pronto cumprirá 4 décadas de vida , a organización falaba de 3.000 persoas, xuntáronse no Coliseum da cidade herculina para debater os parámetros de actuación política para os vindeiros anos e escoller unha nova dirección, que finalmente resultou da elección case unánime da única lista que se presentou novamente encabezada pola brillante Ana Pontón

Ler máis