
Hoxe pola maña, convocada pola CUT da Citroën-Vigo, se celebrou unha asemblea aberta a tódalas persoas traballadoras da fábrica para falar do ERTE 2022. Na votación realizada na mesma se dixo NON a proposta de este ERTE 2022, que unicamente beneficia a empresa.
Dende a sección sindical entendiamos cun acordo co calada que a futuro vai ter o que se propón pola empresa non podía circunscribirse unicamente a afiliación. De ai que a pesar das dificultade de aforo existentes polo repunte da Covid, decidimos convocar unha asemblea aberta as persoas traballadoras en xeral mais aló dos súas “cores” ou “simpatias” sindicais.
Na mesma as persoas que se achegaron manifestaron as súas dubidas e inquedanzas en canto as implicacións que este ERTE vai ter na súa vida laboral e familiar.
No desenrolo da mesma quedou patente que esta medida non vai beneficiar as persoas traballadoras, e que unicamente da resposta as necesidades da empresa, cubrirse legalmente para poder parar a produción pola falla de material.
Coa xustificación de incluír aos contratos a tempo parcial neste ERTE a empresa consigue que se acepte a bolsa de Horas para este colectivo de persoas. Unha bolsa de horas que foi rexeitada faia apenas un ano e medio pola totalidade da plantilla.
No ERTE2021 os parciais quedaron fora e se creo para eles “unha garantía salarial”, que non era outra cousa que unha débeda de horas coa empresa ligado a vixencia de dito ERTE. Un mecanismo incluso criticado polos asinantes de dito ERTE.
Co ERTE 2022 a empresa crea un mecanismo de débeda de horas para sempre. Con este mecanismo as persoas traballadoras cun contrato a tempo parcial van ver supeditada a súa nómina e a súa xornada laboral as necesidades da empresa. Un mecanismo que vai perpetuar entendemos de cara futuro a precariedade laboral deste ERTE.
Por este motivo entre outros, coma os preavisos, a formación ou os criterios de designación; as persoas reunidas na asemblea de hoxe dixeron NON por unanimidade a sinatura deste ERTE.
Atte.
Sección sindical da CUT