Cafetería Tahalavo de Marín

Cafetería Tahalavo de Marín

Más de 30 anos de experiencia no sector ao servizo dos seus clientes”

Na rúa Jaime Janer nº 143 de Marín está a cafetería Thalavo. É atendida por Sandra unha vella amiga da nosa casa e unha profesional da hostalaría que despois de máis de 3 décadas relacionada co seu sector é capaz de facer que cada cliente que entra na súa casa acabe sentíndose como se estivese no seu propio fogar. Tanto é así que o seu local é o punto de encontro e de referencia para nós cada vez que os camiños da vida nos levan á vila de Marín. Velaí vai o que deu de si a nosa conversa.

Sandra Cabanelas

Canto tempo levas traballando en hostalaría?

33 anos

Miña nai, comezaches case de nena?

Sen case, comecei aos 13 anos

En 33 anos terás visto de todo pero supoño que ningunha crise do calado da que estamos vivindo verdade?

A verdade en tanto tempo xa teño vivido conxunturas económicas moi complicadas. Recordo por exemplo que a crise do sector naval, do ano creo que 2.009 ou 2.010, golpeou a Marín con especial dureza e todos o notamos, pero esta é diferente a todas desde logo

En Marín esta non é a túa primeira experiencia no sector verdade?

É a segunda, tiven a cafetería Emili oito anos e medio ata que non me quedou máis remedio que deixala pois o dono do local precisábao

No Thalavo canto tempo levas?

Tres anos e medio

Que valoración fas destes anos no Thalavo?

Ben, malia que son anos de circunstancias persoais moi dolorosas, malia o horrible contexto da pandemia teño que dicir que a valoración profesional destes anos no Thalavo é realmente boa.

Cales son os servizos que ofrecedes?

Esta é unha cafetería convencional cuxa especialidade son os almorzos. É o noso forte e convido a todas e todos os lectores a que se acheguen a probalos. Tamén temos algúns bocatas. Pero o máis importante, e o que me di a experiencia de tantos anos no sector é sermos especialmente preocupados no trato ao cliente, pois é o que vai facer que se fidelice; ofrecer un bo produto, un prezo razoable e un trato exquisito. A min o que me importa é que todas as persoas que teñan a amabilidade de visitarnos saian coa sensación de que a nosa casa é tamén a súa.

A situación do local é bastante boa creo eu non?

Si, estamos na entrada de Marín, vindo desde Moaña e por outra parte o pavillón e o campo de fútbol están cerca polo que as fins de semana cando hai partidos tamén traballamos moi ben.

Que horario tedes?

Desde as 8,30 h ata as 23,00 h. Descansamos os luns pola tarde.

Rematamos Sandra, e o futuro?

Eu teño unha filla que nestes momentos está a facer un ciclo de xestión de aloxamento turístico e a miña ilusión sería que acabaramos facendo algo xuntas.

Seguro que o conseguides Sandra, merécelo e tes coñecementos e capacidade dabondo. Moitas grazas e moita sorte

A cerca de admin 49 Articles
Xornal galego de información xeral Publicación mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.