Presentación dun novo número da revista “Castellum Tyde”

Presentación dun novo número da revista “Castellum Tyde

O pasado día 29 de decembro o salón de plenos do Concello de Tui acolleu a presentación do VII número da publicación “Castellum Tyde”. Esta revista é editada polo Instituto de Estudos Tudenses e a súa publicación financiada polo concello de Tui. Tanto o presente número como os seis anteriores céntranse no estudo e divulgación sobre distintos aspectos relacionados coa cidade tudense e a súa contorna. Na imaxe están Xabier Groba espeleólogo do club Máuxo e un dos autores da presente edición, que disertou sobre as covas da Trapa situadas na parroquia de Ribadelouro, Enrique Cabaleiro alcalde de Tui, que clausurou o acto, e Xavier Añoveros presidente do Instituto de Estudos Tudenses.