Mos aposta polo asfalto con vistas electoralistas

Victoria Alonso Mos
Victoria Alonso Voceira do PSOE de Mos

Recentemente o Concello de Mos aprobou de forma definitiva os orzamentos para o ano 2022, uns orzamentos marcados por un claro intento de facer unha campaña preelectoral de cara as próximas municipais. Así o dixemos en ámbolos plenos nos que se debateu este tema e no que votamos en contra por ser unha previsión de gastos que non pensa na xente.

Non se atendeu a ningunha das propostas que fixemos, primeiro en forma de moción cando se comezaba ca elaboración dos mesmos e despois como emendas unha vez visualizados. Ámbalas opcións correron a mesma sorte, a de ser descartadas polo goberno. Aínda que foron rexeitadas sen usar ningún argumento nin criterio máis aló das faltas de respecto. E isto é o que soe acontecer cas propostas que facermos, porque o Partido Popular que actualmente temos en Mos carece de capacidade dialogadora e argumentativa a hora de defender e rebater posturas.

Unha das propostas foi a de crear liñas de apoio o comercio local. Dita idea xurde co dobre obxectivo de colaborar cos establecementos existentes e fomentar a apertura de novos, para así dotar o noso concello dunha rede de comercio local que sexa cada vez maior e máis forte. Para o noso asombro, o voceiro do PP dixo que carecía de sentido porque en Mos tan só hai establecementos de alimentación, esquecendo desta maneira as floristerías, tendas de roupa, móbeis, ferreterías, quioscos, etc. O PP ademais de demostrar descoñecemento, demostrou a pouca empatía que ten co comercio local. A actual alcaldesa volveu repetir que ditos establecementos traballaron moito e que non padeceron a actual pandemia.

Tamén solicitamos a creación de liñas de apoio a actividade cultural que realizan os centros culturais de cada parroquia. Sendo está unha maneira de que os colectivos sexan coñecedores da contía existente a que poden acceder por liñas de concorrencia competitiva e saber de ante man cal vai ser a colaboración do concello. A finalidade desta proposta é para que os colectivos non se sintan obrigados a estar pedindo favores, cuestión que acontece actualmente o colaborar cos colectivos en función das afinidades políticas.

Seguindo ca concorrencia competitiva tamén solicitamos liñas de colaboración para as traídas de augas. Entendendo estas coma un pilar do noso concello e que dan un servizo a veciñanza que o concello non da. O non por parte do concello estivo cargado de resentimento por haber traídas cas que o concello tende a confrontar por cuestións políticas.

Unha das cuestión que puxemos enriba da mesa, e que máis lle doeu o grupo do Partido Popular, foi o feito de denunciar que se ía facer unha aposta polo asfalto como medida electoralista. Sendo coñecedores de como traballa o PP, é moi cuestionable parte das labores de asfaltado que fan en campaña electoral. Máis ben, soe ser unha capa fina de asfalto que se articule como un lavado de cara das estradas para que parezan novas pero que non se materializan nunha verdadeira mellora.

A raíz do importante investimento que pretenden facer en asfalto, criticamos esta decisión por vir no peor ano. Un momento marcado polo prezo a alza das materias primas pero tamén de todos aqueles materiais de construción e asfalto. Cuestión que o voceiro do Partido Popular e concelleiro de obras tomou a risa, mofandose dun xeito que xa ben sendo habitual.

Pero si a esta aposta polo asfalto, sumámoslle que se mantén un elevado gasto en publicidade, temos os ingredientes preferidos do PP de Mos para arranca unha campaña electoral e caciquil. Mos volve teñirse de negro para dar a benvidA a golpe de campañas publicitarias e venta de fume de cara as municipais de 2023.