Xaquín Pastoriza Cerviño e Emilio Santos Maira
Estamos ante un escenario global catastrofico, o COVID-19 está a acelerar elementos da crise económica que xa se viña anunciando, cun maior impacto destructivo. Fronte a crise debeda, hoxe temos unha crise da economia real. Ao igual que nos inicios da crise de 2008 hai unha certa perda de lexitimación do neoliberalismo e unha certa recuperación do papel do público. Neste novo escenario, o Estado xoga un dobre papel. Por unha parte faise xestor da crise, cunha centralización do poder en mans dun gabinete de crise e pola otra asume as perdas do sector privado e crea un marco xuridico favorable aos de arriba. En 2008 recatouse aos bancos, agora rescátanse ao gran capital.
No que respecta á bateria de medidas implantadas a golpe de real decreto, non se pode apreciar máis que beneficios sociais limitados. A esencia destas medidas e do papel do Estado, resumese na idea exposta por Manuel Gari de un reforzamento da relación neoliberal Estado-individuos e unha onda recentralizadora, negando os dereitos conquistados polas nacions sen Estado. Raul ZIbechi tamén apunta os efectos desta crise, cando fala da racionalidade egoista dos de arriba e da deriva represiba da militarización, poñendo no centro a urxencia dunha resposta articulada pola solidariedade entre os diferentes abaixos.
Unha das iniciativas que agromaron para tentar evitar que a crise a volvamos pagar as de abaixo foi o Plan de Choque Social. Xurdido en Catalunya a partir da PAH e o Sindicato de Inquilinas, rápidamente estendeuse a nivel estatal como unha tea de araña, tentanto tecer entre colectivos socias un paraguas para dar unha resposta solidaria fronte á crise. Deste xeito, apareceron nodos territorias en case a totalidade dos distintos pobos do Estado. Trátase polo tanto, dunha iniciativa descentralizada, construida dende a base e apegada ao terreo.
Por iso aparece o Plan de Choque Social Galego, aunando a colectivos tan diversos e de ámbitos tan diferentes como o sindicato CUT, os Grupos de Apoio Mutuo ou Ecoloxistas en Acción. Outro dos aspectos máis interesantes do Plan de Choque Social é a incorporación de actores políticos de ámbito galego, sempre cedendo o protagonismo as organizacions sociais. O acordo que permite integrar a suxeitos tan diversos vertébrase en torno a unhas demandas de urxencia básicas: prohibición dos despidos, suspensión das hipotecas e os alugueiros, garantización dos suministros básicos e unha renda básica de corentena. Trátase de garantir uns ingresos mínimos ás clases subalternas pero sobre todo facer fronte ás consecuencias sociais qué deixaran sentir un forte impacto cando remate a crise sanitaria. Esta plataforma ten por obxectivo priorizar a vida, fronte aos beneficios e que esta crise non a pagué, a clase traballadora.
O terreo do antagonismo está aberto, cun escenario de contradiccions entre movementos sociais e institucións, nun xogo de presións no que a capacidad de mobilizacion social que estaba hibernada agora atopa novos repertorios. Un posible exemplo foi a convocatoria dunha folga de alugueres apoiada polo Plan de choque social, que respostaba as insuficiencias do Real Decreto, enfocado en favor dos rendistas e non das inquilinas, apostando pola vía do endebedamento. No tempo máis recente e fronte á barbarie da extrema dereita e as incivicas protestas dos privilexiados, organizanse protestas en defensa dos dereitos civis como as de Black Lives Matter ou dos servizos públicos como as recentes marchas civicas galega. Este movementos teñen o potencial de poñer de relevo que a resposta do Goberno é insuficiente, estos actores reaparecen cun pulso antineoliberal difuso, nunha fase de conciencia social basexada na recuperación do público e sen presentar unha alternativa de rutura. Non se pode pretender gobernar a vez para o gran capital e para as clases populares, porque os seus intereses son contradictorios. Mais unha sociedade civil que comeza a organizarse, ainda que dun xeito incipente e con moitas incertezas, pode presentar alternativas ás limitacións da esquerda institucional.
O Plan de Choque Social é un espazo aberto e en construcción que conforme vaia incorporando máis actores poderá ir agregando e desenvolvendo máis demandas, sobre todo en clave galega. Para Galicia estas demandas deberán buscar a súa incidencia nas competencias do goberno autonómico. Así, demandas centrais serían no terreo dois coidados, o reforzamento da sanidade publica e a integración das residencias de maiores privadas nun sistema 100% público para evitar situacións como as vividas estas semanas. No eido laboral, recóllese a creación dun plan de emprego que afronte as necesidades das persoas que queden desempregado por peche de empresas. En materia de vivenda apostouse por demandar o aumento do Parque de vivenda pública, a creción de bolsas de alugueiro e axudas de ata o 100% en caso de vulnerabilidade. Precisamente para atender ás situacións de vulnerabilidade, demandar a implicación dos recursos orzamentais da Xunta na posta en marcha unha renda social básica En relación co feminismo e a cuestión da muller, Incorporanse outra medidas como a eliminación da fenda salarial de xénero e fomentar redes de apoio veiñal fronte ao maltrato. Asímesmo, pídese á Xunta que apoie aos pequenos agricultores e aos mercados locais que venden productos ecolóxicos. Tamén unha aposta decidida por axudar aos autónomos no pago das cotizacións e dos alugueiros de locais. No que refire ás persoas migrantes, pidese a regularización exprés, a homologación inmediata da súas títulacións nos paises de orixe e a incorporación de forma regular ao servizo público de saúde. Por último, no referente á presión fiscal demandase a eliminación dos beneficios a grandes patrimonios no imposto de sucesións. En suma, búscase un rescate das de abaixo a nivel galego para evitar as consecuencias sociais, ambientais e de xénero da crise, integrando as demandas sectorais de movementos e colectivos moi diversos.
Existe un malestar colectivo, difuso e todavía pouco organizado, que pode ir a máis conforme se vain vendo as consecuencias destrutivas da crise e poida ir esvaecendo o “efecto bandeira” inicial. Por iso será determinante quen vaia aglutinar este descontento se a revolta dos privilexiados envolta na bandeira do nacionalismo español, ou as clases populares en uso da súa experiencia e avanzando para superar o actual estado das cousas.
Para que se decante esta balanza, a aposta deberá de ser a construción dunha alternativa social para as clases populares galegas. Fundamentada na solidariedade e a construción de lazos comunitarios, terá que apuntar cara á banca e as grandes fortunas para subordinar a súa riqueza ao intereses das maiorías sociais. Será por tanto unha das tarefas prioritaria implementar un Plan de Choque Social para Galicia.