O día 15 deste mes comezarán os traballos de limpeza de fincas en Santa Mª de Tomiño e San Pedro de Forcadela

Concello de Tomiño A Nova Peneira

Conmotivo do comezo dos traballos de limpeza por parte da empresa SEAGA (a partir do día 15 deste mes) das parcelas situadas nas REDES SECUNDARIAS DE FAIXAS DE XESTIÓN DE BIOMASA, nas parroquias priorizadas de Sta Mª de Tomiño e San Pedro de Forcadela, levaranse a cabo dúas reunións informativas:

* Venres 11/02/2022 ás 10:00h, no Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

* Luns 14/02/2022 ás 15:30h, no Local da Asociación de Veciños/as de Forcadela.