Luis Segura presenta “El ejército de Vox” en Gondomar

Luis Segura presenta “El ejército de Vox” en Gondomar

O pasado venres día 4 o ex tenente Luis Segura, expulsado exército español despois de denunciar unha serie de casos de suposta corrupción, presentou na nosa vila, no local do IEM, o seu último libro “El ejército de vox”. O acto foi inaugurado por Paco Ferreira ao que agradecemos desde esta redacción a súa predisposición a colaborar coa súa organización, e presentado polo director d A Nova Peneira, Tino Lago.

No seu último libro Luis Segura analiza polo miúdo os resultados electorais estatais en 200 seccións nas que existen cuarteis .E a conclusión é estarrecedora, pois no 80% das devanditas seccións a formación de ultradereita obtén, nas zonas nas que existen acuartelamentos militares, un resultado superior ou moi superior á media da totalidade da provincia na que se atopa o cuartel. É dicir nos lugares nos que hai cuarteis vótase maioritariamente a Vox. Unha porcentaxe tan elevada, o 80%, non pode ser casualidade e indica de maneira inequívoca a existencia dun problema moi serio no exército español que na opinión do conferenciante debería abordarse, desde o poder político, de contado.