O festival ‘Solpor Monteferro’ consolídase cunha asistencia record de preto de 5.000 persoas

Festival Solpor Monteferro A Nova Peneira Concello de Nigrán

María Yfeu e The Mirror reuniron o venres a case 2.000 persoas, superándose esa cifra o sábado con Mon Band, Gain Over e o grupo liderado por ‘Manquiña’ Fabulosos Weekend

Con só tres edicións ás súas costas,  Solpor é xa un dos festivais máis singulares de Galicia e que máis expectación xenera

Nigrán.  8 de xullo de 2019.

O festival ‘Solpor Monteferro’ organizado polo Concello de Nigrán consolídase como un dos máis señeiros no municipio tras reunir este venres 5 e sábado 6 a preto de 5.000 persoas neste increíble miradoiro, á tardiña, e coa música dalgúns dos mellores grupos da comarca. Neste enclave único tivo lugar a terceira edición (a máis multitudinaria ata agora) con María Yfeu e The Mirror o venres e Mon Band, Gain Over e Fabulosos Weekend (grupo liderado polo actor Manuel Manquiña) o sábado.

            ‘Solpor’ confírmase así coma un dos festivais máis singulares de Galicia e que máis expectación xenera. Organizado nun espazo protexido, o máximo respecto medioambiental reinou durante os dous días e seguirá a ser unha prioridade para o Concello de Nigrán. Un ano máis, cumplíuse o obxectivo de gozar da música ao aire libre nunha contorna privilexiada, nun palco proxectado cara ao Atlántico sobre o máis grandioso dos escenarios, un xeito distinto de desfrutar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando ao ritmo das ondas o das mellores actuacións en vivo.

Festival Solpor Monteferro A Nova Peneira Concello de Nigrán
Festival Solpor Monteferro A Nova Peneira Concello de Nigrán
Festival Solpor Monteferro A Nova Peneira Concello de Nigrán
Festival Solpor Monteferro A Nova Peneira Concello de Nigrán
Solpor_3_a_nova_peneira
Solpor_2_a_nova_peneira
previous arrow
next arrow

            “Trátase dun festival moi novo pero que tivo gran acollida xa dende o seu primeiro ano, no 2017. Asiste un público moi familiar e moi respectuoso coa contorna, polo que consideramos que a súa creación foi un gran acerto”, sinala o alcalde, Juan González.