
Distintos medios de comunicación publicaron esta mesma tarde informacións relativas á posible paralización da actividade produtiva en Citroën de xeito ininterrompido aludindo a distintas fontes de información entre os provedores, ademais de comunicar ao parecer a suspensión da incorporación novamente da quenda de Fin de Semana no sistema 2 que fabrica as furgonetas e monovolumes ata meses despois do previsto.
CUT Citroen celebrou un xuízo o 24 de febreiro pasado contra a empresa, sobre os dereitos de información (por motivos similares a esta falla de información) , artigo 64 do E.T, información a que temos dereito e que a propia Inspección de Traballo levantou acta de Infracción