Nova condena do TSXG por vulnerar o dereito á negociación colectiva da CUT

Cut central unitaria de traballadores citroën

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en sentenza 02660/2023, ven de condenar novamente a Stellantis Vigo, por vulneración de dereitos fundamentais e da liberdade sindical a representación das persoas traballadoras, e neste caso a CUT como único sindicato demandante. A sentenza declara nulo o acordo individual de tele-traballo e acredita 3 vulneracións a liberdade sindical polas que a empresa ten que indemnizar a CUT con 30.000€.