Fornelos da Ribeira e Pedro Álvarez de Soutomaior

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

Recollidos por un fillo do rueiro do Casco, e escrito por César Olivera, da Universidade Complutense de Madrid, sobre os Preitos do arcebispo Tavera, realizados para un Programa de Investigación, sobre as fortalezas medievais, atopándome con Recuentos de las casas antigüas del reino de Galicia, que me deu acceso o coñecemento da nobreza medieval, a evolución dos liñaxes, parentescos, e demais feitos, dado no noso eido de Fornelos da Ribeira. Sobre todo, polo preito, Tavera – Fonseca, que tiveron moito que ver cos episodios violentos da sublevación irmandiña, e que afectou a Casa fortaleza, sita onde hoxe se encontra a actual igrexa de San Xoán de Fornelos.Mellor dito: Coas pedras se construíu a Igrexa e aínda quedaron algunhas, ciscadas polo adro.

Xa afirmara Vasco da Aponte, que era época das grandes xustizas que en Galicia, non fora nada fácil, nin se fixera de inmediato, de modo que foron habituais as reclamacións e protestas pola vía xudicial, e extra xudicial, contra os abusos recollidos nos Recuentos.

Os preitos naceran sempre das demandas presentadas pola igrexa, que tiña un marcado carácter arbitral.

A clave estaba na Casa Soutomaior, a que Aponte dedica nada menos que dous capítulos en Recuentos. Dun modo especial a Pedro Álvarez de Soutomaior II, condenado a morte no 1.518 polo asasinato en Fornelos da Ribeira, da súa nai, a Condesa de Camiña, tendo que fuxir a Portugal, preiteando mais tarde con Juan de Tabera, por unha complexa rede de falsificacións, documentais, etc.

Na década en que Juan de Tabera fora bispo compostelá, 1.524 – 1.534, a actividade xudicial nace,segundo os historiadores do Preito,Tabera – Fonseca, porque Tavera era un dos homes mais poderosos en tempos de Carlos I. E, Tabera, empregaba a conciencia tódolos medios xudiciais, buscando solucións, implantando sempre a súa autoridade.

A tal feito, utilizou a súa xuventude co nome completo de Juan Pardo de Tabera, emparentados cos Pardo galegos.

O parentesco cos Fonseca, procede da avoa paterna Catalina de Azevedo, emparentada cos condes de Monterrei.

Do que non hai dúbida algunha, e da loita xudicial contra o Soutomaior,conde de Camiña.

A verdade é que en Fornelos da Ribeira, sufriran ataques en tempos de Alonso de Fonseca II, a consta da igrexa,etc.

Na turbulenta época de Pedro Álvarez de Soutomaior I (Pedro Madruga), houbo reclamacións de Fonseca II, por vías de preitos sobre devolucións das “parroquias” aforadas en tempos de Rodrigo de Luna. Entre elas a de San Juan de Fornelos

Como ocorre tantas e tantas veces, tamén aquí, había que probar a existencia dos dereitos, e cando non bastaban as testemuñas, había que recorrer a documentos falsos. E neste asunto andaba o noso dono da casa forte de Fornelos, quen por motivos de discordia, entre nai e fillo,andaba en loita polas posesións das terras e bens de Fornelos.

E segundo me contan chegou a ser un perfecto exemplar nobre, rebelde e brutal xerador de guerras privadas coa familia, como se demostrou co asedio a casa forte, no montículo do Coto, en plena discordia coa súa nai.

Aínda que o inimigo a bater era Pedro II, Álvarez de Soutomaior, non debemos perder de vista que os avogados de Tabera, estaban ligados con el por lazos familiares. Como sempre!

No 1.531, unha Orde de Isabel, fechada en Ávila o 4 de xuño, puxo en marcha unha investigación sobre as supostas falsificacións de Pedro, encontrando na casa forte en Fornelos, documentos reais, privilexios (Século XI e XV), testamentos, compra – vendas etc. comprobándose que había recorrido a Frei Francisco de Jadraque, de Paderne, para confeccionar documentos falsos. Incluso se demostrou haber confeccionado un selo papal, para a falsificación das bulas.

Con todo, dixo o alcalde Romero. “Hizo con otros ministros suyos 5 privilexios reais falsos, en prexuízo da igrexa, e, en beneficio propio.”

Daquela, se empezou a tomar declaración a Juan Sarmiento, señor de Sobroso e de Salvaterra, rival de Pedro, a quen disputaba a casa forte de Fornelos, denunciando a falsificación.

Urraca de Moscoso, nai de Pedro, que fixera mercé da Casa Forte e terras a Pedro, foi privado e condenado por haber dado morte a súa nai, Condesa de Camiña.

A vitoria de Tabera fora rotunda, tras as falsificacións e o escándalo.

A audiencia ditou sentenza de morte en Ourense, contra Pedro, e os seus colaboradores, o 28 de xuño do 1.532, ordenando a destrución de documentos falsos.

A acusación solicitou do xuíz, Ronquillo, constancia do asasinato para el e colaboradores, presos na fortaleza de Allariz.

Moitas consideracións poderíamos obter da actividade de Tabera – Fonseca – Tábora, Zúñiga e Castro, representados nos escudos, tanto no altar maior, como nos laterais da Igrexa de San Xoán de Fornelos, sobre os bens e dereitos históricos das xentes da parroquia, perdidos no tempo e que aquí están.