
Presentará o estudo á Xunta
O Porriño, 6 de xullo do 2022
Na reunión mantida onte 5 de xullo o Delegado do Estado para o Consorcio da Zona Franca de Vigo asegurou que o estudo da central de transporte en Torneiros estaba feito e que se remitiría á Xunta de Galicia que é a que ten competencias en materia de transportes e mobilidade e a que tería que decidir
Na xuntanza, solicitada para dar cumprimento á moción de EU SON aprobada por unanimidade, participaron tamén o alcade e voceiros e voceiras da Corporación Municipal do Porriño, a excepción do PSOE e UDDL
señor Regades asegurou que sobre o tema xa existían conversas co anterior goberno municipal, ao que xa no seu momento deran a coñecer as corenta e tres posibles localizacións baralladas, tres delas no Porriño e das que non deu máis información.
Malia as contradicións e reticencias iniciais e non permitir a intervención do responsable de proxectos alí presente, comprometeuse a achegar o estudo citado ou aquelas partes que sexa posible por motivos de “confidencialidade”. Agardamos esta información se ben o noso rexeitamento e claro e firme. Torneiros non pode soportar unha infraestrutura máis e O Porriño non pode converterse no patio de atrás de Vigo
O promotor do proxecto é o Consorcio da Zona Franca e escudarse nas competencias da Xunta só busca fuxir das consecuencias que poida acarrexar cara as vindeiras eleccións municipais. Lembramos que o señor Regades é tamén responsable provincial do PsDG – PSOE e un proxecto similar xa foi descartado en Vigo. O Consorcio non se fai cargo da última nova publicada que fala da renuncia debido á oposición veciñal. EU SON ten claro que este tipo de filtracións pretenden desmobilizar á veciñanza