A Coruña, 28 de xullo de 2022
Galicia en Común rexistrou unha batería depreguntas dirixidas ao Ministerio de Transportes relativas áimplementación das bonificacións dos abonos do servizo ferroviario deproximidade e media distancia.
Nas bonificacións anunciadas polo Goberno non se inclúe a liña AVANT,que en Galicia conecta A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense,frecuentado diariamente por miles de galegos. As frecuencias actuais de RENFE non cobren as demandas dos viaxeiros e algunhas delas que foronsuspendidas para conter a pandemia aínda non se recuperaron.
Con este contexto, Galicia en Común pregunta ao Goberno os motivospolos que se excluíu á liña AVANT da bonificación do 100%. “Cunhasfrecuencias de media distancia insuficientes é de xustiza que osgalegos e as galegas teñan os abonos totalmente bonificados”, sinalao secretario xeral de Podemos Galicia e deputado de Galicia en Común,Antón Gómez Reino.
Neste sentido, o deputado sostén que “hai que traballar para melloraro servizo de tren en Galicia. As bonificacións traerán un impactopositivo para as galegas, pero non da mesma maneira que noutrosterritorios que si contan cuns bos horarios e unha rede de proximidadeforte. En Galicia hai comarcas que están incomunicadas, con estaciónsen moi mal estado e sen persoal, por iso para moitas persoas o tren noné unha opción viable. Aí é onde hai que traballar. Conseguir que nonhaxa unha persoa sen unha boa cobertura de tren en Galicia”.
A iniciativa tamén alude ao posible aumento da demanda do tren epregunta polas medidas que o Goberno prevé no caso de que iso ocorra.Galicia en Común propón aumentar frecuencias en Galicia,principalmente porque as bonificacións chegan co inicio do cursoacadémico, e expón unha posible bonificación de todos os servizosdeclarados Obrigacións de Servizo Público (OSP) e en todos os títulosde transporte.
Galicia en Común destaca que estas bonificacións nos trens non teñenprecedentes na nosa historia e poñen en valor que o tren como servizopúblico supón unha ferramenta moi eficaz de soberanía na mobilidade esustentabilidade, especialmente en tempos de crise enerxética. Aformación insta ás administracións a avanzar na cobertura ápoboación e así aproveitar todas as posibilidades que ofrece o tren,para o que é preciso mellorar a vertebración territorial enterritorios como Galicia.