Os socialistas cuestionan a inversión que fai o Concello en instalacións propiedade da igrexa

Psdg psoe mos

No seu día, con fondos públicos e a través de obradoiros, fíxose unha rehabilitación dunha parte da casa rectoral de Petelos. Edificio que é propiedade da Igrexa e que está cedido durante un prazo de tempo, pero que é susceptible de que a Igrexa poida reclamar a súa propiedade e quedando o concello sen estas instalacións nas que se investiron fondos.

Na actualidade, AFAGA está alí asentada para facer unha importante labor de traballo con persoas con alzehimer. Tamén compre sinalar que ditas instalacións din os socialistas non ser as máis axeitadas por non ser o suficientemente amplas no relativo o espazo nin contar ca accesibilidade necesaria. A parte rehabilitada conta cunha torre que non se pode empregar.

Con fondos da Xunta de Galicia, o Concello de Mos pretende investir 300.000€ en rehabilitar dúas estancias máis, desa antiga casa rectoral. Cuestión da que nace a reclamación dos socialistas, xa que consideran que é moito máis necesario que o concello conte cunhas instalación propias nas que poder desempeñar ditas actividades. Defenden a posta en valor de edificios patrimoniais pero cando albergan actividades tan cruciais coma a de AFAGA, consideran que dito investimento debe facerse nunhas instalacións propias, nas que poidan levar a cabo o seu traballo sen estar pendentes de si os propietarios do terreo queren rescindir o acordo.

A voceira socialistas incide na necesidade de que AFAGA poida ter unhas instalación que reúnan as condicións óptimas, podendo desta maneira poder ter un grupo maior de xente e poder evitar a limitación do espazo reducido. Sinala que unha cantidade de 300.000€ poderían ser de gran utilidade para a construción dunha instalación municipal e remata dicindo que un edificio propiedade da Igrexa sobre o que tan so hai un acordo de cesión non pode pasar a ser un pilar do concello. Os poderes públicos e a Igrexa poden colaborar na posta en valor dos edificios patrimoniais así coma colaborar en outras cuestións pero tendo claro o papel de cada uno na sociedade.