Os socialistas trasladan a Europa a problematica ca cidade deportiva

Os socialistas trasladan a Europa a problematica ca cidade deportiva

O pasado venres, o eurodiputado socialista Nicolás González Casares, achegouse ata as Pedriñas para participar nunha xuntanza entre representantes dos colectivos da parroquia cos socialistas de Mos. En dita reunión asistiron membros do grupo municipal socialistas, as concelleiras Delfina Rodríguez e Victoria Alonso, así como representantes da Plataforma Auga é vida e da Comunidade de Montes de Tameiga.

Primeiramente, os representantes dos colectivos quixeron facer un resumo da situación ata o día de hoxe e explicar os antecedentes que provocaron as recorrentes denuncias, para rematar falando co eurodiputado das opcións existentes para tratar este tema no Parlamento Europeo. Dito representante socialista, aconselloulle dos mellores pasos a seguir e comprometeuse a apoiar e debater esta cuestión medioambiental.

Nicolás González trasladoulles tamén a importancia de que Europa coñeza as vías polas que foron construíndo os campos existentes a día de hoxe, e que hai sentenzas que afirman que as licenzas son ilegais, así coma cuestións relativas a auga e outras cuestións medioambientais.

Tanto co eurodiputado coma as representantes do grupo municipal falaron doutras vías que se poden estudar a nival nacional, comprometéronse a buscar colaboración noutras administracións para tentar poñer cordura nun tema tan crítico. Victoria Alonso finaliza dicindo que non podemos esquecer que o Partido Popular está facendo un abuso de poder das institucións que goberna, e facilitando que un so empresario faga o seu negocio atentando contra o municipio mosense, tampouco quere esquecerse de que están en cuestión temas tan importantes coma a auga, o patrimonio natural e arqueolóxico.