CCOO gaña o xuizo contra o Concello de Mos por prácticas antisindicais

CCOO

No pasado día 4 de outubro de 2022, CCOO recibiu a sentenza favorable a defensa dos dereitos sindicais dunha representante das persoas traballadoras do concello de Mos.

En setembro de 2021, a ofensiva antisindical comezou con unha Resolución de Alcaldía de Mos, na que solicitaba a devolución das horas dedicadas a labor sindical.

Entendía a administración local que tiña potestade para limitar o uso do crédito horario e a súa distribución por parte de CCOO entre os seus representantes legais.

Ata 2020 ningún sindicato facía uso das horas sindicais. Ca entrada de CCOO na representación legal do concello de Mos, comezouse a facerse acción sindical e por tanto a usar as horas de permiso destinadas a tal efecto. Automaticamente iniciouse un movemento reaccionario para mermar o máximo posible a acción sindical de CCOO.

Sendo o crédito horario sindical o recursos mais importante para realizar a actividade de defensa das persoas traballadoras, as trabas interposta polo Concello de Mos vense truncadas pola sentenza desfavorable os seus intereses.

O xuizo celebrado en maio de 2022, ven de dar sentenza neste día, data na que esperamos por fin retornar a normalidade sindical, tras varios meses de bloqueo por parte de Alcaldía de Mos