A miña irmá é astronauta

A miña irmá é astronauta

Alba Barreiro Gómez

Descrición contextual e breve análise crítica do conto de Alba Barreiro

Alba é unha rapaza de 14 anos de idade do Concello de Barro á que non coñecía, ata que a finais do pasado mes de novembro a súa profesora de literatura, vella amiga dos tempos de viño e rosas dos estudos universitarios nas milenarias rúas empedradas do campus da capital de Galicia, envioume un conto escrito por ela. O relato titúlase “ A miña irmá é astronauta”. E no texto que publicamos a continuación, a súa autora, unha adolescente de 14 anos, describe a circunstancia terrible do asasinato machista dunha moza de 19 anos, asumindo voluntariamente unha voz narrativa en masculino con obxecto de simbolizar o seu desexo de que os nenos miren ás nenas de igual a igual. Asemade remata o conto dunha maneira brillante amosando o absurdo e falaz dos parámetros clásicos do amor romántico.

Parabéns Alba , moita sorte no longo e difícil camiño da vida . Oxalá non abandones nunca o teu compromiso co feminismo, pois a plena igualdade entre os dous sexos que formamos a humanidade é o único camiño posible para construír unha sociedade xusta.

Tino Lago