A Deputación de Pontevedra subvenciona á Cooperativa Porta Do Río Miño

A Deputación de Pontevedra subvenciona á Cooperativa Porta Do Río Miño

A Cooperativa Porta Do Río Miño está situada no concello do Rosal,na estrada de Morán número 24. Eles son unha cooperativa, de moita importancia e historia na súa localidade, que teñen 42 anos de vida. A comercialización e transformación de produtos hortícolas é a principal actividade de negocio desta cooperativa. Asemade, a cooperativa conta cunha tenda agraria e proporciona aos seus socios e socias servizos de asistencia técnica e de produción. Na vontade dos e das cooperativistas de procurar a innovación e a excelencia permanente, nun mercado cada vez máis complexo que esixe iniciativa e capacidade para anticiparse a necesidades futuras, as persoas responsables da cooperativa decidiron acometer, neste ano 2022 que remata, unha serie de melloras para o desenvolvemento da súa actividade profesional. Para afrontar o custe dos traballos realizados solicitaron unha subvención á Deputación de Pontevedra dirixida a cooperativas agrogandeiras da nosa provincia. O investimento económico realizado foi de 15.069,32€ e a subvención que lles concedeu a Deputación foi de 7.534,66€, o 50% do custe total do gasto realizado.