Denuncian a falta de avances na descontaminación do lindano en Porriño

Ecoloxistas en acción Galiza

Ecoloxistas en Acción denuncia que a pesar dos reiterados anuncios do inicio dos traballos de descontaminación feitos pola Xunta de Galicia, o certo é que máis de cinco anos despois da nova aparición de lindano no barrio do Contrasto aínda non se descontaminou absolutamente nada.

Destacan que nin siquera se actuou para selar a celda de seguridade do Parque do Lindano a cal ten fugas de auga contaminada. A única actuacións prevista son un par de controis a determinar ao longo do vindeiro ano.

Subliñan que na reunión celebrada esta semana, o propio equipo técnico da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente recoñeceu que está desbordado por falta de persoal e que a pesar das actuacións comprometidas nestes momentos non hai dotación económica para licitar a execución do proxecto de descontaminación do Contrasto.

Ademais Ecoloxistas en Acción alerta que non se están cumprindo nin tan siquera pequenos compromisos a posta en funcionamento páxina web que se anunciou para setembro deste ano. Unha web necesaria para facilitar o acceso á información actualizada sobre a situación e distintas actuacións e plans de descontaminación. Tampouco o protocolo de alerta ante posibles novos focos de residuos tampouco entrou en vigor. Só hai un borrador.