O BNG aposta pola renovación para liderar o cambio que Cangas precisa

Araceli Gestido BNG Cangas

O pasado 12 de xaneiro de 2023 a asemblea local do BNG en Cangas acordou a elección de Araceli Gestido Rodríguez como a cabeza de lista do BNG para as vindeiras eleccións municipais.

Dende o BNG entendemos que o pobo de Cangas está demandando cambio. A veciñanza trasládanos que fai falla xente nova, con ideas e proxectos novos para vencer o estancamento e bloqueo no que se atopa o noso Concello pola falla de renovación e de xestión. Demandan novas capacidades e talante necesarios para liderar, con compromiso e ilusión, novos proxectos e políticas locais que fagan de Cangas unha referencia comarcal, xerando mais e mellores oportunidades, así como calidade de vida e benestar para os nosos veciños e veciñas.

Ao longo destes últimos catro anos o BNG foi quen de facer unha oposición construtiva e responsábel no Concello, colaborando co goberno en ocasións puntuais para sacar adiante proxectos imprescindibles para Cangas (Plan de Concellos, orzamentos…). Mais entendemos que chegou o momento de dar un paso adiante e liderar un cambio para avanzar e sacar a Cangas da inactividade e falta de xestión actuais.

Despois dun longo proceso de debate e reflexión interno, a asemblea local do BNG de Cangas acordou a elección de Araceli Gestido como cabeza de lista para as vindeiras eleccións polo seu talante, formación e experiencia, pero tamén pola súa capacidade de arrastre, ilusión e traballo, que manifestou ó longo da súa experiencia laboral e política.

Araceli Gestido encarna este compromiso coa renovación e cambio con ilusión, e entendemos, é a mellor persoa para aglutinar nunha candidatura a un equipo de persoas capaces de xerar motivación, aportar experiencia e liderar o cambio que Cangas precisa. O BNG é a única forza política capaz de liderar o proceso de cambio que faga avanzar a Cangas. E estamos certos de que Araceli Gestido Rodríguez é a persoa máis adecuada para liderar ese proceso. Sabemos que Araceli Gestido será a alcaldesa que devolverá a ilusión por Cangas e a xestión seria, cercana e responsábel que demandan e merecen os seus veciños e veciñas.

ARACELI GESTIDO RODRÍGUEZ

Veciña de Cangas dende fai 6 anos, é Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e Master en Dirección Comercial e Marketing. Sempre moi ligada á actividade veciñal e promoción do desenvolvemento local sostíbel, foi presidenta da Asociación de veciños/as da Ameixoada. Agora é comuneira de Coiro, colabora de cerca coa Plataforma “Eólicos no Morrazo Non” e outras asociacións vencelladas á xestión e recuperación do bosque autóctono. Residiu no Reino Unido onde se capacitou como conductora porfesional e actualmente traballa como responsábel de Calidade e Atención ao cliente nunha empresa de transportes, onde leva máis de 8 anos desenvolvendo a súa actividade laboral.

Conta con experiencia na política municipal, foi concelleira do BNG no Concello de Moaña, na oposición no tempo de XoseManuel Millán e con responsabiliades de goberno con Leticia Santos. Residiu no Reino Unido onde obtivo o carné de autobús e actualmente traballa como responsábel de Calidade e Atención ao cliente nunha empresa de transportes, onde leva máis de 8 anos desenvolvendo a súa actividade laboral.