Ai, Fornelos da Ribeira: Quen te viu e quen te ve!

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

Sobre todo a partir do ano 1.936 sufrindo as represalias dos sublevados contra a República. Atrás quedaron os traballos das mulleres nas leiras, os diferentes oficios, aqueles casamentos na igrexa, e aquelas cantareiras dende a mañá e a noitiña. Tamén, aqueles cultivos do liño, as fiadeiras, os contos, e o tocata do pandeiro. Todo quedou xa atrás. Incluso os “seráns” transformados en festas. Voume o ano 1.918 xusto fai mais de cen anos. E sen dúbida algunha o resultado está na man: Ai Fornelos da Ribeira: Quen te viu e quen te ve! O resultado é de envellecido,desunido e abandonado:

Ai, Fornelos da Ribeira: Quen te viu e quen te ve!

As luces da aldea se apagaron e os seus retratos se quedaron vacíos o longo dos seus rueiros, compoñendo unha estampa esquecida, da que xa non se conserva ningún daqueles nenos xogando no eido, as escolas vellas e desaparecidas, que reclama: Unha aldea abandonada.

Onde está aquel Fornelos da Ribeira de esplendor, que se quedou sen el, quedando sen aquel acerbo cultural, social e económico?

Onde está aquel Fornelos da Ribeira, que abandonou a inquietude dos antergos fillos na América?

Onde están a forzas vivas de Fornelos da Ribeira?

Onde está aquela brisa primaveral da “Xuventude Progresista de Fornelos”, que facía “ondear” as bandeiras no templete, e a xente preparada para escoitar os oradores políticos?

Onde está aquela xuventude progresista contra o caciquismo?

Onde está aquela xuventude que dende Bos Aires, se lanzaron para a constitución pioneira, na defensa da vida, da cultura e dos ideais propios de Fornelos?

Onde queda hoxe aquel inverno do 1.918 daquela xuventude, lonxe da taberna, reunidos no rueiro do Casco con Amadeo Monteagudo e Saturnino Piñeiro, aprobando os estatutos, mirando as necesidades da aldea, e daqueles loitadores perseguidos polo caciquismo?

E, Onde está a “Nova xuventude de Fornelos da Ribeira”, que non soubo recoller aqueles ideais? Onde está?

As escenas deron exemplo do que se podía facer, non se fixo nin se fará.

Onde están os “ Román Rodriguez Martinez”, xornalista, político e fillo de emigrantes, fundando a Sociedade Progresista, Hijos de Fornelos e Anexos no 1.920?

Onde están as forzas vivas de Fornelos?

Simplemente, por vergoña, deberíamos recuperar o estímulo e os contratempos da vida cotiá.

As asociacións deberan difundir entre a xente xove, o marxe do caciquismo, que aínda permanece na terra nai, a reconstrución da nosa historia, dende 1.879 cos “centros galegos de Bos Aires, La Habana e Montevideo”, exemplos do século XX.

As asociacións actuais deberan analizar e responder das claves que teñen que ver coa formación e a aparición do ideario político-social, de carácter ante caciquil, para o progreso de Fornelos da Ribeira.

Deste senso, resurxir o verdadeiro tecido asociativo local, XUNTOS, como estratexia para mellorar a vida social, cultural e deportiva, incluso, defendendo o “fillo de Fornelos” , chamado o “francés”, que pretendeu levantar a súa vivenda, e lla botaron abaixo, por unha orde do Goberno de Aznar, en favor da Igrexa, “POR MOLESTARLLE A SOMBRA”, e que ningún veciño fixo nada en tal sentido na defensa do “francés” quen, con razón ou sen ela, non se merece SEMELLANTE CASTIGO. Vaia vergoña, no tempo en que vivimos! Ningún veciño e veciña debera entrar na igrexa por semellante acción. Ata aquí chegaron as bromas! BASTA XA!

Eu os invito a todos a visitar Fornelos para que comprobar a desfeita habida, porque a Nosa Santa Nai Igrexa, non quer “sombras ao arredor das Igrexa”.

A solidariedade non parece per vivir aquí, mais aló do Atlántico onde se iniciou o resurxir de Fornelos. Para eles, o pensamento, a lembranza da aldea, o recoñecemento de ser fillo, de que o corazón non se vende, para eles o foi todo. E, co pensamento onde fora nado, o rueiro onde de neno xogara con desenfado, os anos foron pasando. E, aqueles que agora descansan no cemiterio, debemos levalos no pensamento. Aínda que sexa por vergoña.

Daqueles 37 fillos da Arxentina, dos irmás Sestelo, dos irmás González e de Rogelio Estévez Cambra, notario en Bahia Blanca, que aportaron un 74.4% dos fondos para as escolas e o cemiterio, me pregunto: Que é o que queda? Nada.

Ai, Fornelos da Ribeira, quen te viu, e quen te ve!

Onde están os universitarios, os estudosos, os xornalistas, os intelectuais, os profesores, as verdadeiras forzas vivas, para a promoción dun Fornelos novo, fieis os irmás nosos da America? Onde están? Esperamos que a Nova Peneira, ¡A Nosa! Serva de exemplo e a esquerda xunta, axude a desterrar este “dominio” da nosa terra, Xa está ben!