Marcos Escudero presenta O Tonios en A Nova Peneira no pazo de Mos

Marcos Escudero presenta O Tonios en A Nova Peneira no pazo de Mos

O pasado domingo 12 de febreiro o artista mosense Marcos Escudero presentou na biblioteca do Pazo de Mos o seu libro “ Os Tonios en A Nova Peneira”. A presentación foi precedida por unha breve introdución de Tino Lago, director do periódico, na que manifestou o compromiso deste medio de comunicación cos creadores e creadoras que , como Marcos Escudero, contribúen a manter vivos os signos de identidade que nos identifican como pobo, como pobo galego consciente.

O libro , en palabras do seu autor, é unha escolma dalgunhas das mellores viñetas que publicou Marcos Escudero en A Nova Peneira desde que no ano 2016 os Tonios nos distinguiran coa súa compañía.

O propio humorista gráfico amosou , non sen certas doses de emoción, o seu compromiso cun humor crítico co poder, cun humor que servira para facer reflexionar e para facernos botar unhas gargalladas tamén.