Máis de 200 persoas non afiliadas ao BNG levan asinado un manifesto, impulsado entre outros e outras polo historiador e economista Dionísio Pereira, no que se denuncia a gravidade da situación política actual, o serio risco de involución social coa conseguinte perda de dereitos e liberdades, e a situación de Galicia , sen posibilidade de xestionar os seus propios intereses. No devandito manifesto faise referencia a que os e as asinantes son persoas de sensibilidades moi diferentes, e con visións distintas da realidade pero que coinciden en considerar que o BNG é a opción política máis adecuada para defender os intereses do pobo galego, e en consecuencia demandan o voto no proceso electoral do próximo día 23 para esta formación política.
A continuación vai a ligazón ao manifesto referido para quen teña interese na súa consulta.