Nova responsábel local do BNG de Salvaterra de Miño

Jasmin BNG

O pasado 21 de xuño en Asemblea Local Ordinaria o Bloque Nacionalista Galego deSalvaterra de Miño designou por consenso unánime unha nova responsábel local dopartido. Ditocargo recae na persoa de Jasmín Márquez que ocupará o lugar que atéagora desempeñaba Xosé Antón Silva. Veciña de Grixó, na parroquia de Alxén, Jasmín é graduada en Ciencias da Linguaxee Estudos Literarios pola Universidade de Vigo e formou parte da candidatura do BNG de Salvaterra nas pasadas eleccións municipais.Tras os bos resultados acadados nos comicios do 28 de maio onde o BNG sumou dúas concelleiras máis (xa son catro no total), o equipo de Patricia Mariño segue apuntalando o organigrama internopara continuar medrando e consolidar a liña ascendente da formación.